Partido Popular de Lugo

Traballadores do mar analizarán este sábado a situación do sector en Burela

Burela, 9 de novembro 2010.-  Novas Xeracións da provincia de Lugo organizará este sábado a mesa redonda “Sector Pesqueiro: Fonte e Riqueza do País” na que patróns dos principais portos da Mariña analizarán a situación pola que está a pasar o medio. O acto, que se celebrará nas instalacións de ABSA no porto de Burela, dará comenzo ás 12:00 horas.

A agrupación político-xuvenil anunciou hoxe o acto nunha rolda de prensa celebrada na sede de Novas Xeracións en Burela. Na presentación participaron  o candidato a alcadía na cidade da Mariña, José María González Barcia; o presidente de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega, e o coordinador do Mar da executiva provincial, José Balbino González Rio.

O coordinador de pesca presentou o programa no que participarán patróns maiores dos portos de Burela, Celeiro, Ribadeo, San Ciprián e O Vicedo. Según indicou José Balbino González, os traballadores farán partícipes aos asistentes “das súas experiencias no mar ao tempo que analizarán os problemas da xente novas no sector”. Pola súa banda, o candidato do PP en burela agradeceulle a Novas Xeracións por facer un “acto en Burela no que se tratarán os problemAs dun sector estratéxico”. Mentres, Daniel Vega asegurou que Novas Xeracións traballará “con responsabilidade polo sector».