Sarria, 4 de decembro de 2010.- Máis dun centenar de agricultores e gandeiros participaron na mesa redonda “O rural, un antes e un despois”, celebrada esta mañá en Sarria e organizada por Novas Xeracións da provincia de Lugo co obxectivo de analizar a situación do sector na comarca. Para elo, a agrupación político xuvenil contou co apoio do conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, que inaugurou a xornada xunto coa presidenta de NNXX de Sarria, Noelia Díaz Bruña.
Durante a súa intervención, Samuel Juárez agradeceu a Novas Xeracións por facer un acto ligado co rural e animou aos xóvenes a que vexan no sector primario unha opción laboral de futuro. Pola súa banda, o presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega, resaltou a necesidade deste tipo de actos, ao tempo de manifestou o interese da agrupación política por traballar coa xente do rural e “dar a batalla dende a seriedade e a preocupación polos agricultores e os gandeiros”.
Vega tamén tivo palabras de agradecemento para os ponentes, entre os que se encontraban o xerente de Cogasar, José Luís López Abad; o secretario do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, Javier García Lozano; o representante da cooperativa de producción cárnica, Cogade; Javier Villanueva López, a diputada autonómica, Isabel García Pacín, e a propietaria dunha explotación, Ana Castro Doce.
Durante a celebración da mesa redonda analizaronse as diversas problemáticas que envolven ao sector, a súa evolución temporal, xunto coas perspectivas de futuro que atañen a carne e ao leite galego. En concreto, os ponentes fixeron referencia á situación do prezo do leite e da carne, á producción agrícola e gandeira ecolóxica e a outras novas vías para a diversificación do sector agrogandeiro. Así, a diputada autonómica e portavoz de Medio Rural, Gandería e Agricultura; Isabel García, explicou o traballo que se está facendo dende o grupo Popular para mellorar a situación dos traballadores agrogandeiros.
No acto tamén estiveron presentes, o secretario xeral do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro e o portavoz local, José Antonio García, xunto con membros doutras xuntas locais de Novas Xeracións.