Partido Popular de Lugo

O GPPP denuncia que as cuñas quitaneve da Deputación están paradas

Lugo, a 2 de decembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou hoxe que as cuñas quitaneve da Deputación “están paradas no parque móbil provincial mentres que a neve tén incomunicados núcleos de poboación desta provincia por culpa da inanición dos recursos provinciais”.

O voceiro adxunto dos populares na Deputación verificou persoalmente que as dúas cuñas quitaneve continúan no parque móbil provincial, “aínda que xa o martes houbo problemas de incomunicación en varias zonas da montaña lucense”.

Barcia asegurou que os recursos materiais cos que contan algunhas empresas contratadas para facer o mantemento de vialidade invernal son deficientes. Mesmo teñen prohibido o uso de sal mentres o seu emprego non sexa autorizado explícitamente desde a Deputación porque, segundo indican, derrama o firme das estradas. “Esta decisión tén provocado xa o mesmo martes situacións delirantes, xa que o única maquinaria que se empregou en certos sitios foi un tractor cun rodo”, engadiu o voceiro adxunto do GPPP.

Ademais, González Barcia asegurou que o teléfono de conservación da Deputación “non funciona”. “Ninguén atende as chamadas, que foron continuas e abundantes desde diversos concellos da Montaña”, apuntillou.

O voceiro adxunto dos populares asegurou asimesmo que “as estradas da rede viaria provincial que hoxe están limpas son únicamente aquelas que ten previsto visitar o Presidente da Deputación. As empresas teñen orde directa de limpar estas estradas para dar a impresión de que os medios son amplos e funcionan á perfección; mentres, a inmensa maioría da rede viaria provincial das zonas centro e sur da provincia están impracticables”.