Partido Popular de Lugo

Barreiro: “xa chegou o momento de que Monforte teña unha alcaldesa”

Monforte, a 1 de decembro de 2010.- O presidente provincial do Partido Popular José Manuel Barreiro asegurou hoxe durante o acto de presentación da cabeza de lista da súa formación ás vindeiras eleccións municipais en Monforte, Julia Rodríguez, que “xa é hora de que este concello teña unha alcaldesa. E a nosa candidata reúne os requisistos esenciais para desempeñar ese cargo: compromiso con Monforte e os seus veciños, criterio e, sobre todo e o máis importante, ilusión e moitas ganas de traballar”.

Durante o encontro, no que tamén participou, entre outros dirixentes populares, o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, Barreiro salientou que para acadar ese obxectivo “non nos basta con gañar, temos que arrasar” porque, do contrario, segundo puntualizou, “non nos van deixar gobernar e as outras opcións posibles, que continúe o BNG ou que se reedite o bipartito, non son as máis axeitadas para defender os intereses de Monforte”.

A este respecto, o líder do PPdeLugo, instou ós asistentes a que fixeran memoria “e rebuscaran” qué actuacións de relevancia para este concello acometeu o BNG nestes últimos oito anos ou a que pensaran “qué garantías de xestión poden ofrecer os socialistas despois do que están a facer no Goberno central e despois de que, eleccións tras eleccións, veñan cos mesmos contos: autopista a Ponferrada, autopista a Chantada; estación para o AVE… pero pasan os anos e nin hai autopistas, nin hai tren, nin hai nada de nada”. 

“Non se precisan discursos grandilocuentes, só contar a verdade”, aseguron José Manuel Barreiro. “E a verdade é”, segundo dixo, “que o vindeiro mes de maio temos a oportunidade de influir na política económica que o PSOE está a impoñer dende Madrid e que nos está a levar á ruina. Temos que dicir alto e claro que nos concellos non queremos zapateros senón feijoos; que queremos persoas responsables e consecuentes coa situación na que nos atopamos, que fagan o que prometen e que non gasten o que non teñen. Que queremos, en definitiva, persoas que apliquen o sentido común e que xestionen os recursos públicos coma se foran propios”.

O presidente dos populares lucenses salientou ademais o que “vai facer a Xunta e o que non vai facer o Goberno de Zapatero para que quen quiera, poda comparar”. 

Así, fixo mención explícita ós 23 millóns que nos orzamentos da Xunta do vindeiro ano se van adicar á VAC Sarria-Monforte; ós preto de 400.000 euros para o proxecto de desdobramento do tramo Nadela-Sarria, así como unha partida para iniciar xa en 2011, con financiación público-privada e dentro do Plan Move, as obras deste desdobramento e que, en conxunto, suporán 33 millóns de euros; e salientou a aposta da Xunta polo porto seco de Monforte porque, segundo recalcou, “por moito que se empeñen outros en dicir o contrario, sexa moito ou pouco, o que está feito é obra do Partido Popular”.

E do outro lado, “do lado dos que promente pero non cumpren”, segundo indicou, “están 134.000 euros para a A-72 e 115.000 euros para a A-76 e eso que, segundo as previsións, o vindeiro ano xa teríamos que estar circulando por esta autovía”.

“Este son os feitos e se somos capaces de trasladar estes feitos a todos e cada un dos veciños deste concello, o vindeiro mes de maio Julia será a alcaldesa de Monforte”, concluiu José Manuel Barreiro.