Partido Popular de Lugo

A Deputación ratifica cos seus orzamentos para 2011 o esquecemento do bipartito hacia A Mariña

Burela, a 1 de decembro de 2010.- O Partido Popular sinalou hoxe en Burela que a Deputación ratifica cos seus orzamentos para o vindeiro ano o esquecemento ó que o bipartito provincial ten sometida a comarca da  Mariña.

Os populares salientaron que o investimento productivo na comarca é igual a cero, xa que, por exemplo, as subvencións nominativas que concede o Inludes á comarca suman 55.200 euros dun total de preto de 200.000. Pese a a relevancia do sector pesqueiro, só se adican 18.000 ás confrarias para cubrir gastos de funcionamento ou repoblación, recalcaron.

No que atinxe ó apartado adicado a investimentos reais, únicamente hai consignación para o campo de fútbol de Lavandeiras, en Celeiro/Viveiro, cun importe de 140.000 pero que forma parte do xa coñecido convenio Xunta-Deputacion-Concello.

Para o Museo do Mar destínanse 8.500 euros, que dende logo, na opinión dos populares, non dan para a adquisición do solar anexo que permitiría a ampliación das súas instalacións.

Os populares tamén fixeron referencia ó lamentable estado no que se atopa a rede viaria provincial e salientaron que no plano especial de infraestructuras únicamente consta a obra de Marco de Álvare, que, segundo sembraron, pasou por numerosas vicisitudes: foi paralizada, rescindiuse o contrato e posteriormente foi aprobado de novo o expediente de contratación.

Dende o PP tamén botan en falla que nos orzamentos da Deputación non haxa previsto ningún parque empresarial novo e califican de moi grave que os responsables do goberno provincial den por rematado o de Ourol cando os seus accesos seguen na mesma situación que hai tres anos e medio.

No que respecta ó plan presentado por Manuel Martínez para a dotación de aglomerado en quente ás estradas provincias con cargo ás melloras resultantes da adxudicación do mantemento e conservación da rede viaria provincial, os populares explicaron que A Mariña só levará o 24’35% das actuacións previstas, o que quere dicir que se vai actuar sobre 41,930 kms. Ademais, os concellos gobernados polos integrantes do bipartito lévanse máis da metade das actuacións: 22,318 quilómetros; mentres que nos municipios gobernados polo PP realizaranse melloras en únicamente 19,612 kms. 

Para os populares resulta significativo que queden fora destas actuacións só tres concellos con alcaldes socialistas ou nacionalistas (Burela, Ribadeo e Riotorto) e cinco con alcaldes do PP (Xove, O Vicedo, Lourenzá, Barreiros, Trabada e Abadín).