Partido Popular de Lugo

Feijóo di que a fusión das caixas non é un fin senón un medio para manter a Galicia no sistema financeiro español e para apoiar aos emprendedores galegos

 

Viveiro, 27 de novembro de 2010.- O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe en Viveiro o éxito acadado polos populares no Goberno galego con respecto ao sector eólico, ao Xacobeo e á fusión das caixas e amosouse convencido de que tamén lograrán os retos marcados en cada un dos 315 concellos.

Así, o líder do PPdeG aproveitou o acto de presentación dos candidatos populares ás alcaldías de Alfoz, Burela, Cervo, Ourol, O Valadouro, Viveiro e Xove para subliñar que Galicia xa demostrou que é capaz de acadar todo aquelo que se propón, por moi duro que sexa o momento que se atravesa.

Nesta liña, fixo fincapé en que en plena crise o Goberno galego conseguiu cristalizar o maior plan industrial da historia da Comunidade co concurso eólico, logrando que as grandes empresas españolas quixeran investir en Galicia por ser un territorio solvente e fiable. Ademais, conseguiuse que todo investimento, emprego e recaudación quedase na Comunidade e que ningunha empresa puidese eludir as obrigas adquiridas con Galicia coa súa participación no concurso. A resolución da adxudicación da potencia eólica vai implicar, segundo destacou Feijóo, 6.000 millóns de euros en investimentos, a creación de 13.000 postos de traballo, e a posta a disposición dos concellos de Galicia de máis de 1.000 millóns de euros.

Do mesmo xeito, Feijóo tamén salientou que o Goberno galego acadou o mellor ano turístico da historia de Galicia coa celebración dun Xacobeo para a historia. Con respecto a isto, o líder do PPdeG asegurou que en dez meses se conseguiu superar o ambicioso obxectivo que se marcara a Xunta para todo o ano: conseguir que oito millóns de persoas se acercasen ata Galicia. Segundo o dirixente popular, trátase, indubidablemente, un éxito colectivo de todos os galegos.

Así mesmo, Feijóo referiuse ao tema da fusión das caixas galegas, afirmando que en plena crise se conseguiu que o vindeiro luns Galicia vaia selar a maior operación económica da súa historia coa unión de ambas. Nesta liña, o líder do PPdeG celebrou que se conseguise cambiar a tendencia histórica de Galicia pola que sempre os galegos se acababan despedindo do seu patrimonio.

Para o líder do PPdeG, a fusión das caixas non é un fin senón un medio para manter a Galicia no sistema financeiro español e para apoiar aos emprendedores galegos. Nesta liña, fixo fincapé na importancia do apoio financeiro a Galicia, aos seus emprendendores, aos seus sectores produtivos e ás prestacións sociais dunha terra que non vai renunciar a ser unha Comunidade do Benestar.

MÁIS RETOS PARA GALICIA.- Feijóo indicou que esos tres logros –Xacobeo, sector eólico e caixas- conseguíronse mediante decisións responsables, que teñen presente a situación que se atravesa e que son conscientes de que para incrementar os servizos hai que asegurar previamente os que xa hai.

Feijóo asegurou que así tamén se conseguirán os demáis retos que o Goberno galego plantexa para a Comunidade, entre os que están o de facer dela un lugar competitivo, cun Plan do Litoral que protexe a costa; o de corrixir o déficit de infraestruturas que afectan especialmente a Lugo e Ourense, para o que desenvolverá o Plan Move que sitúe ao 90% da poboación a 10 minutos dunha vía de altas prestacións; e o reto de incorporar aos galegos ás novas comunicacións, cun Plan de Banda Larga, que ofrece Internet de calidade en todos os recunchos da Comunidade.

Así mesmo, o presidente do PPdeG fixo fincapé en que o Goberno galego ten o obxetivo de facer unha educación pública máis completa e competitiva; de completar o mapa sanitario, cos tres novos hospitais públicos en Lugo, Vigo e Pontevedra e 22 novos centros de saúde públicos; e de seguir contribuíndo ao Benestar da sociedade galega, incrementando en case un 50% as prazas públicas de residencia e mellorando a cobertura social dos galegos que o necesiten.

Da mesma maneira, Feijóo indicou que o Goberno galego seguirá polo camiño da planificación, do rigor, da austeridade, da eficiencia e da unidade, e seguirá facendo de Galicia unha Comunidade que cumpre coa estabilidade orzamentaria para que, cando Europa advierta a España da súa débeda descontrolada, saiba tamén que hai excepcións como Galicia.UNHA POLÍTICA RESPONSABLE.- Ademais, asegurou que o Goberno galego seguirá pagando o que debe e gastando nos cidadáns todo o que poida pero non máis do que dispón, como fan outros Executivos. Para Feijóo, política responsable é apostar polas novas xeracións e non poñer en dúbida, como FAI o Goberno de Zapatero, as pensións para o futuro; é buscar máis coñecemento e recursos nas escolas e non recortar as posibilidades lectivas por incrementar a ideoloxía. Nesta liña, non considera responsable gobernar sen mirarse no reflexo da sociedade e si mirándose ao espello de Zapatero.

Ademais, asegurou que o Goberno galego seguirá pagando o que debe e gastando nos cidadáns todo o que poida pero non máis do que dispón, como fan outros Executivos. Para Feijóo, política responsable é apostar polas novas xeracións e non poñer en dúbida, como FAI o Goberno de Zapatero, as pensións para o futuro; é buscar máis coñecemento e recursos nas escolas e non recortar as posibilidades lectivas por incrementar a ideoloxía. Nesta liña, non considera responsable gobernar sen mirarse no reflexo da sociedade e si mirándose ao espello de Zapatero.

AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS: DECISIVAS.- No que atinxe ás eleccións municipais do vindeiro ano, Feijóo destacou que serán decisivas para os concellos, que precisan da maior lucidez nun momento de tanta posibilidade; para a provincia de Lugo, porque hai que continuar integrándoa nun mapa de igualdade de oportunidades; para Galicia, para que ningún ego local, en prexuízo dos seus veciños, poña freo ao desenvolvemento do proxecto de país que todos comparten; e para España, para mostrar que hai unha alternativa de rigor e xestión ante a asociación directa ou indirecta do PSOE co nacionalismo.

No que atinxe ás eleccións municipais do vindeiro ano, Feijóo destacou que serán decisivas para os concellos, que precisan da maior lucidez nun momento de tanta posibilidade; para a provincia de Lugo, porque hai que continuar integrándoa nun mapa de igualdade de oportunidades; para Galicia, para que ningún ego local, en prexuízo dos seus veciños, poña freo ao desenvolvemento do proxecto de país que todos comparten; e para España, para mostrar que hai unha alternativa de rigor e xestión ante a asociación directa ou indirecta do PSOE co nacionalismo.