Partido Popular de Lugo

José Manuel Arias repetirá como cabeza de lista do Partido Popular en Bóveda

Bóveda, a 26 de novembro de 2010.- O Partido Popular de Bóveda celebrou hoxe unha cea de confraternidade de afiliados e simpatizantes previa á chegada do Nadal que foi aproveitada pola dirección provincial para confirmar a José Manuel Arias López como cabeza de lista da candidatura popular ás vindeiras eleccións municipais.

No encontro, desenvolvido a primeira hora da noite nun restaurante da localidade, participaron, entre outros cargos do partido, o presidente provincial José Manuel Barreiro e o secretario xeral da formación José Manuel Balseiro.

Barreiro amosouse confiado en que José Manuel Arias volverá a revalidar a súa maioría absoluta nas vindeiras eleccións de maio, aínda que advertiu que hai que fuxir dos perigos da excesiva confianza polo que instou a todos os populares da localidade a traballar con “intensidade e entrega” na “imprescindible labor de transmitir o proxecto do Partido Popular”.