Partido Popular de Lugo

O GPPP acusa a Gómez Besteiro de resultar lesivo para os intereses xerais da provincia pola súa incompetencia

Lugo, a 25 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular reitera as súas críticas pola lentitude coa que se xestionan os expedientes de obras na Deputación.

Os populares fan mención específica a dous novos casos que serán tratados mañá na xunta de goberno e que voltan a avalar os reiterados reproches que fan á xestión do equipo de goberno que lidera José Ramón Gómez Besteiro.

Así, mañá daráselle o visto bo ó expediente de expropiación forzosa dos terreos precisos para acometer o ensanche e mellora da estrada provincial A Fonsagrada-Navia, concretamente entre os puntos quilométricos 0 ó 4,5, que fora aprobado xa o 24 de agosto de 2007. É dicir, o actual equipo de goberno provincial tardou tres anos e medio en formalizar a execución dun acordo, aprobado por eles mesmos, co conseguinte perxuizo para os veciños afectados.

Tamén mañá quedará anulado o contrato, correspondente ó POS de 2006, para o ensanche e mellora da estrada 4902 en Portomarín, Alto Valiño-Valdeporras, na que, segundo o expediente, ían investirse preto de 153.000 euros. Segundo os populares, non só quedará sin facer a referida obra senón que se perderá a subvención correspondente aportada polo Ministerio de Administracións Públicas, a maiores da indemnización que haberá que darlle a empresa adxudicataria.

Á vista deste feitos, que segundo salientan dende o GPPP non son aillados senón unha constante nas últimas xuntas de goberno, os populares non dubidan en acusar ó goberno provincial, e nomeadamente o seu presidente, de incompetente e de resultar lesivo para o interese xeral da provincia.