Partido Popular de Lugo

Vicente Vázquez repite como presidente de Novas Xeracións de Viveiro

Viveiro, 20 novembro de 2010.- A renovación da executiva local de Novas Xeracións de Viveiro tivo lugar hoxe nun acto celebrado na sede do PP local e ao que asistiron membros da xunta provincial, entre eles o seu presidente, Daniel Vega.

Vicente Vázquez Chao repite como presidente da executiva de Novas Xeracións en Viveiro. Nesta nova andaina estará acompañado na xunta pola vicepresidenta, Tatiana Rivas; a secretaria, Elena Del Valle, a tesoureira, Verónica Mantilla; e os vogais, Eusebio Candia e Josiño Vidal.   

Daniel Vega ofreceu todo o apoio dende a xunta provincial á Novas Xeracións de Viveiro, ás que se refiriu como “un exemplo a seguir en anteriores etapas e seguramente nesta nova época que comeza hoxe”. Así mesmo, animounos a loitar para conseguir “a alcaldía en Viveiro e que o PP se faga coa Deputación lucense”.