Partido Popular de Lugo

Nace a campaña “Neste Nadal implícate”, proposta polas Novas Xeracións da cidade Lugo en colaboración con Cáritas

Lugo, a 19 de novembro de 2010.- Nace unha campaña con fins benéficos promovida e creada polas Novas Xeracions de Lugo, “Neste Nadal Implícate”…onde como di o seu eslogan busca o apoio dos cidadans nunhas datas cargadas de emotividade e bondade.
Hoxe tivo lugar a presentación da campaña navideña “Neste Nadal Implicate”, que se prolongará  ata o 20 de decembro, coa intención de que a recollida sirva de axuda para todas aquelas persoas que están a pasar necesidades económicas.

 

As Novas Xeracions cooperan nesta campaña con dúas organizacións sen ánimo de lucro de vital importancia para a nosa cidade, facendo que a campaña diverxa por dous camiños paralelos na súa labor.

 

Por unha banda está a colaboración con Cáritas, para o que se recollerán doativos, que irán destinados á campaña “Caritas ante la crisis”, e pola outra  unha recollida de alimentos que irán destinados ó comedor social da capital lucense.

Esta campaña ocuparase de facer fronte a algún impago de recibos como poden ser os da comunidade, o da auga, que recentemente incrementouse un 5%; o da recollida de lixo, que tamén se incrementou un 1.8%, o da luz, … ademáis de colaborar coa labor que está a desenvolver o comedor social”, explicou Cristina López Róis.

Tanto os donativos económicos coma a recollida de alimentos efectuarase na sede do Partido Popular en Lugo, na rúa San Marcos, nº 1, onde se habilitará unha espacio específico para este fin. Asimesmo facilitarase tamén ós cidadans lucenses un número de conta para realizar os ingresos dos donativos: 2085 8313 85 0330066527.

 

O obxectivo de NNXX é a acadar o máximo de donativos e de alimentos posibles  e comprometer ó maior número de cidadáns posibles.

A presidenta Cristina López está moi ilusionada coa campaña porque pensa que haberá unha boa acollida por parte dos lucenses e espera que con esta iniciativa e nestas datas tan sinaladas, a xente menos favorecida poida disfrutar do mellor Nadal posible.