Monforte, a 19 de novembro de 2010.- A dirección provincial do Partido Popular propuxo hoxe ó comité de dirección-executivo de Monforte a Julia Rodríguez Barreira como cabeza de lista da candidatura coa que o PP concurrirá as vindeiras elecciones municipais.
A proposta realizouse durante unha xuntanza celebrada a última hora da tarde de hoxe na cidade do Cabe á que asistiron, entre outros, o presidente provincial do partido José Manuel Barreiro e o secretario xeral da formación José Manuel Balseiro.
Julia Rodríguez Barreira naceu o 18 de decembro de 1966. Está casada e ten dous fillos. É licencidada en Dereito e tras varios anos desenvolvendo a súa profesión en A Coruña, retornou a Monforte onde continúa exercendo como avogada.