Lugo, a 18 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular asegurou hoxe, a través do seu voceiro adxunto José María González Barcia, que a Deputación non ten elaborado ningún proxecto para a rexeneración da estrada provincial 1611, Castro de Rei-Ramil, anunciada polo alcalde de Castro e deputado provincial, a principios do pasado mes de outubro.
Barcia afirma que o GPPP pediu o proxecto da obra hai un mes pero aínda non lle foi facilitado, polo que sospeita que a proclama realizada por Juan José Díaz Valiño tiña un fin electoral coa clara intención de desviar a atención sobre os problemas que poida ter o alcalde no seno do tripartito municipal. “Se teñen proxecto elaborado, debe estar catalogado como secreto”, ironizou o voceiro adxunto dos populares.
Para Barcia “non é lóxico que se faga un anuncio deste tipo, cifrando o orzamento en medio millón de euros e vaticinando incluso o inminente comenzo das obras, sen ter proxecto”. “Aínda que”, segundo matizou, “a estas alturas, xa nada nos sorprende”.
Ó seu entender, este proceder demostra, “unha vez máis, a lixeireza coa que se actúa no goberno provincial que preside Gómez Besteiro e como a súa actuación está determinada non polo interese xeral senón condiconada por manter, a toda costa, os equilibrios internos no seo do grupo provincial socialista”.