Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Blanco reprograma; Feijoo executa. O Goberno central paraliza e retrasa; o da Xunta prioriza e actúa”

Lugo, a 15 de novembro de 2010.- “O corredor Sarria-Monforte está en obras; a autovía Lugo-Santiago está parada. A diferencia é contundente e incontestable”. Así de taxativo respostou o presidente do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro ás declaracións feitas polo ministro de Fomento José Blanco nas que, “fiel á verborrea que o caracteriza durante os seus paseos de fin de semana por Lugo”, segundo recalcou, “promete moito pero despois, como ben se constata nos orzamentos do Estado cada ano, non fai nada, agás reprogramar e, por conseguinte, retrasar a execución das obras que ten pendentes na provincia”.

Barreiro salientou que a Xunta de Galicia “ó contrario que el e Zapatero” cumpre o que promete. E así o demostra o feito de que “pese a crise e o recorte no gasto ó que esta situación obriga, o goberno galego non reprogramou ningunha das grandes infraestructuras para a provincia de Lugo que son da súa competencia e incluiu nos orzamentos do vindeiro ano as partidas precisas para garantir a súa execución no prazo previsto”.

O líder dos populares lucenses lamentou que José Blanco perdera “unha vez máis” a oportunidade de explicar ós lucenses a razón pola que a nosa provincia é a máis discriminada de Galicia, “e a sexta de todo o Estado”, nos orzamentos do Estado para o vindeiro ano ó reducir á metade o investimento con respecto a este ano.

“A consecuencia é lóxica, a A-56, A-54 a A-8 acumularán entre dous e tres anos máis de retraso; as obras da a A-72 e A-76 nin se sabe cando empezarán, ó igual que o tramo estatal do corredor da Costa”, indicou, ó tempo que matizou que “o auditorio de Lugo, gracias ó PP, converteuse nun proxecto real e non virtual”.