Partido Popular de Lugo

O representante do PP na Fundación TIC asegura que xustificou o seu voto en contra do orzamento de 2011

Lugo, a 14 de novembro de 2010. O voceiro adxunto do GPPP e representante do mesmo no Padroado da Fundación TIC, José María González Barcia, asegurou que xustificou o seu voto en contra dos presupostos e do plan de actuación da Fundación TIC na sesión celebrada o pasado xoves, día 11 de novembro, en contra do que di o presidente da Deputación, o socialista Gómez Besteiro. 

Barcia salienta que “a propia acta da Fundación, remitida polo Secretario da Fundación, reflicte que Gómez Besteiro minte cando afirma que non expliquei o meu voto en contra”.  “Se Besteiro é capaz de mentir nun asunto tan nimio coma este, xa nos podemos poñer no peor”, apostillou.

O voceiro adxunto dos populares na Deputación engadiu que separar a dirección da Fundación en dúas, a Escola de Imaxe e Son por un lado, e a productora por outro, vai en contra do espíritu orixinal da Fundación TIC e demostra que o PSOE e nomeadamente Besteiro empregan os recursos de todos os cidadáns para o seu beneficio partidista e particular.