A Fonsagrada, 13 de novembro de 2010.- O presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro fixo hoxe público durante un encontro desenvolvido en A Fonsagrada a proposta da dirección provincial sobre os cabeza de lista ás vindeiras eleccións municipais na zona da Montaña.
Durante o acto, ó que tamén asistiu o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, o líder dos populares lucenses alentou a todos os asistentes a “traballar a reo” para que en maio do vindeiro ano “todos os nosos candidatos sexan os mellores alcaldes”. “Os concellos desta comarca merecen ó estilo de Feijoo e non o de Zapatero”, sentenciou.
Para acadar este obxectivo, segundo dixo, “é imprescindible que todos nos impliquemos, en corpo e alma, na labor de explicar a familiares, amigos e veciños cal é o proxecto do Partido Popular e, sobre todo e fundamentalmente, para poñer de manifesto a gran diferencia que existe entre nós e os socialistas. A insalvable distancia que, tanto na forma como no fondo, nos separan non só á hora de entender o exercizo da política senón de xestionar as institucións”.
Na súa opinión, é doado facelo. Só hai que fixarse, segundo dixo, nos principios de despilfarro e ineficacia que rixen os gobernos que presiden os socialistas, xa sexa en solitario ou apoiados explícita ou implícitamente polo BNG, fálese dos concellos desta zona, da Deputación ou mesmo do Estado. “Só hai que comparar o Goberno Zapatero co de Feijoo; un é sinónimo de incumprimento e o outro de todo o contrario. Porque para os socialistas as promesas son un recurso recurrente do que botar man, de xeito reiterado ademais, durante as campañas. Despois, pasada a cita coas urnas, de todo o dito, nada de nada. O PP, e delo dá boa fe o presidente Feijoo, cumpre o que promete: a súa palabra é lei”.
Barreiro tamén fixo alusión durante o seu discurso ó compromiso que “asumimos hoxe con cada un dos veciños desta comarca”. “Non é casual”, segundo salientou, “que elexíramos A Fonsagrada, un concello da Montaña, para albergar o primeiro gran acto de presentación dos nosos cabeza de lista que celebramos na provincia. Para o PPdeLugo é unha obrigación asumir como propias as reivindicacións, que en materia de dotacións e de servizos, se fagan dende eiquí, unha comarca demasiadas veces esquecida, e ata maltratada. Eiquí, hoxe, poñemos as bases para promover un cambio de actitude, encamiñado a que, dunha vez por todas, se faga xustiza; a acadar que a Montaña lucense teña o peso que se merece”.
|
A FONSAGRADA
Tobías Martínez Cotarelo
Ten 55 anos. Está casado e ten un fillo.
É funcionario da Consellería de Medio Rural.
Dende 2008 preside o comité local do PP. Foi concellal en A Fonsagrada dende 1987 a 1995 e volveu á corporación en 2007, xa como cabeza de lista do PP.
NAVIA DE SUARNA
Manuel Vázquez Crespo
Naceu en Ourense o 24 de maio de 1965. Está casado e ten tres fillos.
É médico.
TRIACASTELA
Olga Iglesias Fontal
Naceu en Triacastela o 5 de abril de 1971. Está casada e ten un fillo.
É veterinaria e funcionaria do Corpo Veterinario da Xunta de Galicia.
Preside o comité local. É cocelleira en Triacastela dende 2003, e dende 2009, é tamén deputada nacional. Xá encabezou a lista popular nas municipais de 2007.
NEGUEIRA DE MUÑIZ
José María López Braña
Naceu en Negueira o 16 de xaneiro de 1960. Esta casado e ten un fillo.
É persoal laboral da Consellería de Medio Rural.
Encabezou a candidatura popular neste municipio nas municipais de 1995, 1999 e 2003.
RIBEIRA DE PIQUÍN
Sabino Díaz Fernández
Naceu o 29 de setembro de 1968 e está solteiro.
Cursou estudios de Filoloxía Hispánica.
Entre 1995 e 2003 foi tenente de alcalde e dende o 2003 ocupa a alcaldía.
BARALLA
Manuel Jesús González Capón
Naceu en Baralla o 25/12/1951. Está casado e ten dous fillos.
É empresario.
Ocupa a Alcaldía dende 1987 e preside o comité local dende 2007.
BECERREÁ
Antonio González Madarro
Naceu en Becerreá o 24 de xaneiro de 1955. Está casado, ten tres fillos e é empresario.
Este ano foi elexido preside do comité local do PP e é voceiro do GMPP dende 2007. Xa encabezou a candidatura popular nas anteriores municipais e é concelleiro dende entón.
CERVANTES
José López Fernández
Naceu en Cervantes o 24/09/1969. Está casado e ten un fillo
É veterinario.
Preside o comité local do PP dende 2009. Nos pasadas municipais xa encabezou a candidatura do PP é concelleiro en Cervantes dende entón.
AS NOGAIS
Jesús Manuel Núñez Díaz
Naceu en As Nogais o 4 de setembro de 1957. Está casado.
É diplomado en Administración e Dirección de Empresas e é empresario.
É dende 2006 voceiro do GPPP neste municipio e dende 2007 preside o comité local.