Partido Popular de Lugo

Os populares, optimistas ante as eleccións

Lugo, 25 de outubro de 2010.-  O Presidente Provincial do PP, José Manuel Barreiro que deu a benvida aos membros do comité executivo local do Partido Popular do Concello de Lugo  animonous a seguir traballando duro durante os próximos sete meses. O dirixente popular insistiu en que se manterá a estratexia de traballo a pé de rúa   nós non pisamos a calle só dous meses antes das eleccións, hai un traballo anterior feito” dixo en alusión á política de proximidade que se está a levar a cabo tanto a nivel local coma provincial.

Barreiro tamén se amosou confiado nos resultados que acadará o PP nas municipais porque, segundo dixo, “temos o mellor candidato posible e será un excelente alcalde, o alcalde que precisa Lugo”.

Pola súa banda o presidente da xunta local e candidato do PP á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, subliñou que dedicará todos os seus esforzos en traballar duro por ilusionar aos lucenses e fixo unha chamada á movilización dos seus.

Castiñeira foi moi crítico co alcalde de Lugo pola súa “incoherencia” en alusión as manifestacións de Orozco respecto aos orzamemntos da Xunta. “É incomprensible que se posicione en contra duns orzamentos autonómicos positivos para Lugo cando días antes amosábase a favor dos de ZP nos que Lugo sufre unha clara discriminación”, puntualizou. 

Informe do Presidente Local.- No transcurso da reunión do comité executivo local que se celebrou esta tarde no Gran Hotel o Presidente e candidato á alcaldía, Jaime Castiñeira,  fixo un repaso das accións levadas a cabo dende que asumiu, en decembro do ano pasado, este cargo. Castiñeira tamén anticipou aos seus as accións previstas para este trimestre.

Noutra orde de cousas, o Presidente local amosou a súa satisfacción polo incremento da afiliación ao Partido dende que se puxo en marcha a xunta local “dende o un de Xaneiro incorporáronse máis dun cento de afiliados ao proxecto popular”. Castiñeira interpreta estes datos como un signo de fortaleza “de bo estado da musculatura do partido”. “Estou moi satisfeito cos datos de afiliación e agradezolles, un por un, a confianza que depositan en nós”. 

Por último Castiñeira presentou un esbozo do organigrama que se conformará para coordinar o traballo da precampaña e a campaña das municipais.