Portomarín, 23 de outubro de 2010.- Medio centenar de xóvenes lucenses asistiron ao primeiro acto organizado tralo congreso de Novas Xeracións da provincia e que tivo lugar este sábado en Portomarín. O presidente de honra da agrupación político xuvenil e primeiro presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor; o presidente de Sogama e antigo presidente de Novas Xeracións provincial, Luís Lamas; e a actual portavoz de NNXX de Lugo, Noelia Díaz Bruña, foron os relatores da mesa redonda “Olladas do pasado, cun presente activo”, a través da cal se puxo de manifesto a visión da política dende tres xeracións distintas. No acto tamén estiveron presentes o presidente provincial do Partido Popular, Xosé Manuel Barreiro e o portavoz local do PP de Portomarín, Juan Serrano.
O presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, considera que “estamos nun traxecto de formación e aprendizaxe” e a organización de actos como o celebrado en Portomarín permítelles aos novos “aprender para cumprir a misión de apoiar, colaborar e participar dentro do Partido Popular, sendo esixentes co propio partido”. Segundo Vega, eventos como estes tamén “nos permiten acercarnos á xuventude e facela partícipe”.
Albor e Lamas transmitíronlles aos afiliados de Novas Xeracións a necesidade de recuperar os valores éticos e políticos perdidos. Segundo manifestou o actual presidente de Sogama, “hoxe poucos políticos son quen de falar de valores e as diferentes formas de facer política non pode vir dadas pola mera diferenza de facer xestión senón que hai que loitar por unha serie de ideais”.
Pola súa banda, Albor afirmou que “lo más grave que está sucediendo en este país no es la situación económica, sino la falta de valores éticos, sociales y cristianos”. Neste sentido, Fernández Albor engadiu que “a nosotros mismos nos da vergüenza hablar del cristianismo y si no defendemos los valores cristianos, no defendemos la democracia, porque la democracia es un genio cristiano”.
De igual maneira, o primeiro presidente da Xunta animou aos xóvenes a defender “nuestra ideología liberal, conservadora e inspirada en el humanismo cristiano”, fronte aos que segundo Albor se fan chamar socialistas “y que no lo son ya que el socialismo hace tiempo que murió en España”. Ademais de loitar por unha democracia que non teña supeditada ao poder xudicial tal e como, segundo Albor, sucede hoxe en día, o presidente de honra de NNX invitou aos máis novos a “sentirse muy galleguistas y muy españoles — ya que si no hay nación, no hay libertad–, además de muy europeístas”.
Albor en consenso con Luís Lamas tamén falou da necesidade de crear escolas de formación política que eduquen ás novas xeracións. Neste sentido, o presidente provincial de NNXX informou de que se está a traballar no deseño dunha escola de formación que levará o nome de Manuel Fraga. Luís Lamas tamén invitou aos xóvenes a entrar na universidade xa que o PP é único partido político sen organización nos centros de ensino.
Por último, a portavoz provincial, Noelia Díaz Bruña, refiriuse a Novas Xeracións como “un grupo de rapaces con ganas de traballar e espíritu de superación”, ao tempo que engadiu que “miramos á realidade para que cambie cara mellor”. Díaz Bruña concluíu dicindo que “o PP escoita as nosas propostas e vale a pena intentar e crear un futuro mellor para todos os xóvenes”.