Partido Popular de Lugo

O GPPP quere que o orzamento da Deputación de 2011 detalle as actuacións que se acometerán nas estradas provincias e nos parques empresariais

Lugo, a 22 de outubro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó pleno da Deputación do vindeiro martes unha moción na que instan á administración provincial a incluir de xeito explícito nos orzamentos do vindeiro ano a temporalización para a apertura dos parques empresariais que neste intre están en construcción, así como a programación prevista para aqueles contemplados nas previsións de Suplusa pero cuxa execución aínda non se iniciou.

 

 

Os populares tamén inclúen na súa proposta que nos orzamentos do vindeiro ano da administración provincial inclúa un programa de actuación na rede viaria provincial, redefinindo así o plan en vigor para o mantemento da rede viaria provincial de tal xeito que se especifiquen as estradas nas que se vai a actuar, cómo e en qué tramos.

 

 

O GPPP argumenta a súa proposta indicando que nos últimos tres anos e medio de goberno da Deputación provincial teñen detectado unha paralise evidente tanto no que atinxe á rede viaria provincial como na promoción ou ampliación dos parques empresariais. Aspectos que, consideran os populares que deben revitalizarse porque son fundamentais á hora de conquerir a vertebración real da provincia e que constituiron, ademais, un compromiso adquirido polo bipartito provincial pero que, ata o momento, non se cumpliu.