Lugo, a 21 de outubro de 2010.- A comisión de educación do Partido Popular organizou hoxe un novo foro aberto sobre o eido educativo que se centrou na análise do curso escolar. O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, xunto co director xeral de Educacion, FP e innovacion educativa, José Luis Mira Lema, partipou no encontro, ó que asistiron unhas duascentas persoas, maioritariamente profesores.
A iniciativa enmárcase dentro do programa de reunións periódicas que o Partido Popular promove entre os profesionais da educación e os responsables da Consellería de Educación para tentar garantir que unha e outra parte manteñan unha relación o máis directa e fluida posible, de tal xeito que o profesorado sexa coñecedor das accións que en materia educativa ten en marcha ou prevé levar a cabo a administración autonómica e, por outra banda, que a propia consellería teña constancia das inquedanzas ou dos problemas ós que se enfronta este colectivo.
Ademais do presidente provincial José Manuel Barreiro e a vicesecretaría de Relacións coa Sociedade Manuela López Besteiro, entre outros cargos órganicos do PP de Lugo, tamén asistiu ó encontro o xefe territorial de Educación José Ramos Ledo.