Partido Popular de Lugo

Dámaso López pregunta a Guillerme Vázquez qué fixo el polo porto seco de Monforte

Lugo, a 21 de outubro de 2010.- O deputado popular Dámaso López instou hoxe ó voceiro do BNG Guillerme Vázquez a que explique ós monfortinos qué fixo el e o seu partido polo porto seco de de Monforte.

“O que está feito ata o momento é obra do Partido Popular. É resulta algo chocante que agora se acorde de vir a Monforte para pedir a axilización das obras cando durante os catro anos da Xunta bipartita, pese as promesas e as reiteradas visitas das daquela conselleiras de Política Territorial e Vivenda non fixeron absolutamente nada por esta infraestructura”, engadiu.

A Xunta, salientou o deputado popular, inclúe nos orzamentos de 2011 partidas importantes para seguir avanzando na construcción desta infraestructura. “O compromiso verbal faise así realidade, que é moito máis do que fixo o BNG que durante a súa etapa de cogoberno na Xunta limitouse a vender fume”, apuntillou.