Lugo, 21 de outubro de 2010.- O candidato do PP á alcaldía de Lugo Jaime Castiñeira fixo unha valoración dos orzamentos galegos para o concello de Lugo no vindeiro 2011. “Son uns orzamentos cribles e realistas axustados aos tempos de crise que vivimos. Están feitos para os cidadáns, para ser útiles, dende a perspectiva dunhas contas públicas responsables. Non son uns presupostos improvisados”, resumiu o popular.
Castiñeira subliñou que as contas do goberno galego para 2011 garanten as políticas sociais básicas e engadiu que se mantén o orzamento para rematar obras necesarias para o desenvolvemento económico do concello como é o parque empresarial das Gándaras. Ademais, o ano que vén tamén se iniciará a construción do Auditorio.
O candidato á alcaldía do PP puxo de manifesto que malia á difícil situación económica fíxose un esforzo para incluir unha obra nova, en relación aos case 400.000 euros para as primeiras pedras do desdobramento Nadela-Sarria.
O popular subliñou que aos 67,5 millóns de euros previstos para o Concello de Lugo hai que sumar o correspondente ao Plan Impulsa. Dos 26 millóns dos que se dota este Plan para 2011 en toda a provincia, o Concello beneficiarase de en torno a DIEZ MILLÓNS DE €.
Infraestructuras.- Os compromisos do PP con Lugo mantéñense. Así, para Infraestruturas a Xunta do PP destina para o concello de Lugo case 24 MILLÓNS DE EUROS, desglosados do seguinte xeito:
· Para o remate do parque das Gándaras investiranse perto de CATRO MILLÓNS DE EUROS. (3.800.000 euros).
· O PP cumpre a palabra dada e impulsa proxectos paralizados polo bipartito así investiránse 3.100.000 € para o novo auditorio de Magoi.
· As infraestructuras viarias concentran unha partida de TRES MILLÓNS DE € (2.850.000 Euros). Aquí se inclúe a segunda fase da ronda leste, a última fase do Plan Paradai, desdobramento Nadela-Sarria, a rehabilitación de firme, mellora de seguridade viaria, e do pavimento e dotación de beirarrúas na estrada estrada de Portomarín (LU-612 1,73 M)
· Para transporte metropolitano destínanse 153.978 euros.
· En materia de Vivenda a Xunta do PP destina DEZ MILLÓNS DE € para programas de vivenda. Seis millóns de euros para vivenda de promoción pública en Garabolos e catro millóns para rehabilitación do casco histórico.
Políticas sociais.- Para cuestións de benestar social destínanse OITO MILLÓNS E MEDIO (8.449.929 euros).
· O 58% da partida é para mantemento de garderías e escolas infantis municipais e para prazas para persoas con discapacidade, alzheimer e maiores.
· O 31% do orzamento de benestar social (2.529.890 euros) consignarase a axudas á dependencia e cheques asistenciais.
Dentro deste campo a Xunta reserva fondos para un punto de encontro familiar, para o plan concertado…
Castiñeira fixo fincapé no esforzo da Xunta en manter os recursos destinados ás prestacións e servizos para dependentes a pesar da baixada do 17% dos fondos para este fin ás comunidades dende o goberno de Zapatero.
Emprego.– As axudas en materia laboral dirixidas a Lugo capital sumarán ONCE MILLÓNS DE €. Máis da metade investiranse en plans de cooperación e fomento de contratación por conta allea. O resto da partida destínase a programas de orientación e cooperativismo.
Sanidade.- Se o ano pasado o novo hospital acaparou unha gran parte dos investimentos do goberno autonómico, neste exercicio Lugo beneficiarase de partidas xenéricas para equipamentos e para dotación de material de alta tecnoloxía.
Dos case SETE MILLÓNS DE EUROS desta consellería, consígnanse 2.250.000 euros para o novo hospital e 631.000 euros para o laboratorio de saúde pública.
Cultura.- Nos orzamentos galegos tamén figura unha partida para Cultura de 3.800.000 EUROS.
· A sensibilidade do goberno coa muralla reflíctese no case MILLÓN DE EUROS que se destina neste exercicio para o mantemento e a conservación do monumento romano. O goberno autonómico recolle obras de mellora de accesibilidade, o acondicionamento do xacemento arqueolóxico do templo de Mitra e mantemento e conservación do monumento.
· Para o Museo da Romanización consignanse 215.000 euros.
Outras partidas.- En Educación figura unha partida de máis de 3 MILLÓNS euros.
Lugo tamén se vai beneficiar doutras partidas de Medio Rural, Economía, Industria e Presidencia e outros que están sen territorializar e que suporán en torno a once millóns de euros.
CORTE DE VOZ NA SECCIÓN SONS