Partido Popular de Lugo

OS DEPUTADOS POPULARES SALIENTAN A APOSTA DO GOBERNO DE GALICIA POLA MARIÑA LUCENSE DADO QUE EN TEMPO DE CRISE A NOSA COMARCA RECIBIRÁ 2,3 MILLÓNS DE EUROS MÁIS CA NO 2010

A Mariña, 20 de outubro de 2010.- Os deputados populares Emma Álvarez Chao e José Manuel Balseiro Orol veñen de efectuar unha valoración de urxencia das contas autonómicas para 2010 e a súa incidencia na nosa comarca. Os parlamentarios salientan a aposta do Goberno de Galicia, que preside Alberto Núñez Feijóo, pola Mariña lucense dado que a pesares de que estamos en tempo de crise e restriccións orzamentarias, a nosa comarca recibirá 2,3 millóns de euros máis ca no ano 2010.

Pese ao descenso do 10,8% dos recursos orzamentarios da Xunta a nivel global o Executivo popular favorece á Mariña lucense discriminándoa de xeito  positivo e incrementando as súas achegas en 5,44%. A nosa comarca destaca no conxunto da comunidade porque o saldo de achegas con respecto a anualidade anterior é positivo. No ano 2010 os investimentos da Xunta foron de 44.113.217,24 mentres que para o 2011 a cifra chegará aos 46.509.072,73.

Aínda que a relación máis polo miúdo de actuacións será obxecto de explicación nos vindeiros días en rolda de prensa, os  deputados quixeron salientar dúas delas pola súa importancia xeral: Os máis de 10 millóns de euros que a Xunta investirá nun novo treito lucense do corredor (Vía de Altas Prestacións) e, o máis de medio millón de euros que o Executivo popular destinará ao Hospital da Costa, para obras e actuacións concretas, entre as que se atopan 175.000 euros para melloras tecnolóxicas (equipamentos de atención especializada) e 351.880 para a ampliación dos servizos centrais do Hospital, área de laboratorio e servizo de urxencias (obras diversas).