Partido Popular de Lugo

Balseiro acusa ós socialistas de boicotear as actuacións da Consellería de Medio Rural en Lugo

Lugo, a 20 de outubro de 2010.- “Os socialistas, de tan desnortados que están, teñen agora como principal ocupación e preocupación promover a ruptura de consensos. Están de feito inmersos nunha estratexia moi pouco ocurrente e moi dañina para os intereses xerais da provincia de Lugo consistente en tentar boicotear canta iniciativa se leve a cabo dende a Xunta de Galicia encamiñada a favorecer o desenvolvemento do medio rural”. Deste xeito valorou o secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro a “saída de tono” protagonizada onte polo alcalde de Becerreá durante a firma de convenios coa Consellería de Medio Rural para a execución de obras que melloren o acceso a explotacións de vacún e vitivinícolas, circunscritas ó Plan piloto de desenvolvemento rural sostible (PDRS).

Balseiro calificou de “lamentable e indigna dun representante público” a actitude amosada onte por Manuel Martínez na que parecía querer recuperar a postura de “talibán político da que tanta gala fixo na súa anterior etapa na Deputación” e que non dubidou en calificar de “claramente hostil”. Unha actitude que, segundo salientou, “estase a converter na marca da casa socialista”. 

“Parece que os alcaldes do PSOE queren emular a algúns ministros ou xa hoxe ex ministros na pugna por ver quén é capaz de protagonizar o espectáculo máis bochornoso e seguen ó pe da letra a consigna de boicotear calquer iniciativa da Consellería de Medio Rural co inútil propósito de tapar a nefasta xestións realizada polo Ministerio de Medio Ambiente na defensa dos intereses dos gandeiros e agricultores galegos. O único que pode salientarse da ex ministra Espinosa é, de feito, a súa crítica partidista e o seu desvelo por cumplir máis co PSOE que con España ou coa súa propia terra, onde adicou a súa última visita oficial a facer críticas inxustificadas nas que amosou o seu veradeiro talante”, engadiu o secretario xeral do PPdeLugo. 

Na opinión de Balseiro o PSOE “desacredítase a si mesmo” con esta “maniobra mal orquestada” porque os datos obxectivos demostran o trato favorable que está a dar a Consellería de Medio Rural á provincia de Lugo. Así, segundo recalca, no caso concreto do PDRS, que “tanto molesta ós alcaldes socialistas”, destina case o 54 por cento da súa consignación orzamentaria á provincia de Lugo, esto é 9,1 millóns de euros dos 17 millóns cos que conta o plan.

No caso concreto dos concellos “discrepantes” de Monterroso, Castroverde e Becerreá reciben por este concepto e en virtude dos convenios suscritos 219.000, 262.000 e 175.000 euros respectivamente, por riba da inversión media que percibirán os 89 concellos de toda Galicia incluidos dentro deste plan piloto e que ascende exactamente a 191.011,24 euros. “Un reparto”, engadiu, “que se fixo ademais seguindo criterios obxectivos encamiñados a convertir en realidade o reequilibro territorial tan manido polos socialistas pero polo que fixeron moi pouco”.