Partido Popular de Lugo

Barreiro: “Hoxe somos a envexa do resto das forzas políticas desta provincia”

Lugo, a 16 de outubro de 2010.- O Partido Popular de Lugo celebrou hoxe a súa tradicional pulpada de San Froilán cunha participación que desbordou as previsións iniciais ó superar ós 2.500 comensales, e eso a pesares de que a representación dalgúns concellos foi moi reducida pola coincidencia do encontro con diferentes festividades locais.

Un aspecto que o presidente provincial non pasou por alto durante o seu discurso. Foi, de feito, a primeira liña argumental de José Manuel Barreiro quen considerou que “esta afluencia masiva é síntoma inequívoco da fortaleza do PPdeLugo”. Tras agradecer a asistencia porque, segundo dixo, “os tempos que corren obrigannos a todos a coidar moito o bolsillo”, amosou a súa convicción de que “hoxe, pola fortaleza, unidade e vigor do que facemos gala, somos a envexa do resto das forzas políticas desta provincia. Estamos en plena forma, cunha saúde de ferro e pletóricos de enerxía. E eso non é froito da casualidade senón da constancia, da entrega, do traballo ben feito”.

O líder dos populares lucenses transmitiu un mensaxe claro ós afiliados e simpatizantes presentes: temos que voltar a gañar as eleccións municipais de 2011 e cun respaldo o suficientemente folgado para gobernar. 

“É obrigado, unha obligación moral, dada a nefasta situación na que nos atopamos, destronar ós socialistas dos sillóns ós que se aferran con uñas e dentes  sen que lles importen as consecuencias. Os socialistas non só están arruinando o país, están hipotecando o futuro das vindeiras xeracións. Temos que parar esta sangría xa”, dixo.  

Para Barreiro, o PP é unha garantía: “resultamos máis rentables á cidadanía pola eficiencia da nosa xestión, sobradamente demostrada en momentos difíciles, e pola nosa solvencia. Nós non cambiamos de criterio cada día, somos firmes nas nosas conviccións e desgraciadamente as nosas previsións económicas cómprense”. 

Tras facer referencia ás “saídas de tono” dalgúns líderes socialistas, agradeceu ó conselleiro Agustín Hernández a súa defensa dos intereses da provincia de Lugo ante ás “agresións” das que está a ser obxecto por parte do Goberno central “e polo desinterese dun ministro que se dice lucense”. Asegurou asimesmo que un paso decisivo para acabar con esta discriminación é gañando as municipais e, segundo dixo, “este necesario cambio de rumbo non será posible sen a vosa implicación e sen o voso traballo”. “Lográmolo nas autonómicas, agora temos que concentrarnos nas municipais porque os lucenses queremos alcaldes que se parezan a Núñez Feijoo e non a Rodríguez Zapatero”. 

EN CLAVE LOCAL.- Jaime Castiñeira, como presidente do comité local e candidato a Alcaldía de Lugo, pronunciou o seu discurso de benvida ós asistentes ó encontro en clave local: “é imprescindible a vosa axuda para convencer ós cidadáns de que é posible outra forma de gobernar”. Así, segundo dixo, fronte ós continuos cambios de opinión de López Orozco “eu comprométome a gobernar con criterio e tendo claro o proxecto de cidade”; fronte ó despilfarro, “eu avogo pola austeridade e  a boa xestión”. Por todo elo, non dubidou en asegurar que a Orozco “só lle quedan 311.040 minutos para rematar os proxectos pendentes, que son moitos”, porque, segundo recalcou, leva 12 anos desenvolvendo as iniciativas que lle deixou un goberno popular “e para eso moitas deles foi incapaz de concluilas”.

 
Castiñeira amosouse convencido de que “temos a oportunidade de asumir a responsabilidade de gobernar Lugo pero ese obxectivo só será posible co voso compromiso e apoio incondicional”.

O candidato á Alcaldía de Lugo instou ós asistentes a recargar ben as pilas porque vai ser necesaria toda a enerxía e ilusión posible para chegar á meta. “Onte fixémolo por Galicia agora farémolo por Lugo”.

ASISTENTES.- A pulpada popular do San Froilán contou coa asistencia de diversas personalidades, principiando polo presidente do PPdeG e presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, que foi o encargado de pechar a quenda de discursos. O goberno autonómico estivo representado polos conselleiros de Medio Rural, Mati e Mar, Samuel Juárez, Agustín Hernández e Rosa Quintana, respectivamente. Tamén cabe salientar a asistencia de Susana López Abella, secretaria xeral de Familia e Benestar, da delegada da Xunta en Lugo Raquel Arias; así como do secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro, ós que

hai que engadir senadores, deputados nacionais, autonómicos e provinciais, e os alcaldes e voceiros municipais da meirande parte dos concellos da provincia.