Lugo, a 15 de outubro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular manfiestou hoxe que a Deputación acomenterá con tres anos e medio de retraso a execución da estrada de Alto Valiño. Os populares aseguran que, á vista desta realidade, que pode contrastarse coa documentación existente no propio ente provincial, pouco agradecemento lle deben ó presidente da Deputación os veciños de Portomarín.
Así, fan referencia a varias xuntas de goberno da Deputación para ratificarse no retraso desta obra, que agora Besteiro, para maior descaro, pretende vender como propia:
O día 2 de marzo de 2007 apróbase a determinación do xusto precio no expediente de expropiación forzosa de terras e bens necesarios para a execución das obras do proxecto 131 POS Portomarín, CP de Alto de Valiño por Vilaxuste, ensanche e mellora do pk 0’000 ó pk 2’100. Nese acordo aparece a relación de todos os propietarios e a valoración das fincas efectuada pola administración.
O día 23 do mesmo mes e ano, volve á Xunta de Goberno o expediente de expropiación desta estrada.
O día 27 de abril do mesmo ano, apróbanse os planos de seguridade e saúde da obra 124 POS 2006 Portomarín 4902 Alto Valiño-Valdeporrás pk 2’1 ó pk 4’2.
Desde o GPPP lembran que estas obras foron adxudicadas no seu día polo anterior equipo de goberno da Deputación, adxudicación que foi paralizada polo bipartito provincial. Tamén foron iniciados os expedientes expropiatorios, co que queda demostrado, segundo recalcan os populares, que Besteiro non dice a verdade.
Ademais, esta obra, ó ser do POS provincial, contaba con financiación do Estado, financiación que se perdeu polo deliberado retraso en realizala por parte do bipartito provincial. Polo tanto, resulta máis que evidente que os retrasos de Besteiro na realización das obras sáelles moi caro ós cidadáns de Portomarín, neste caso, e ós da provincia en xeral porque este é o seu proceder habitual.
Os populares lembran que a maioría das obras incluidas no pretendido plan de obras de Besteiro datan da etapa anterior da Deputación. A etapa de Besteiro só se caracteriza polo retraso na execución de obras, polo despilfarro, pola vagancia, e por un desmesurado afán de protagonismo a costa do que sexa.