Partido Popular de Lugo

Juárez reuniuse en Lugo con alcalde e voceiros populares

Lugo, a 7 de outubro de 2010.- O conselleiro de Medio Rural asistiu hoxe a unha reunión convocada polo Partido Popular de Lugo á que asistiron alcaldes e voceiros da provincia, así como, entre outros, o presidente provincial e o secretario xeral José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro respectivamente.

Durante o encontro Samuel Juárez detallou o proceso de execución do Plan Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural (PEIM) e responsabilizou ó Goberno central, a través do ministerio que dirixe Elena Espinosa, do retraso que acumula a execución das obras adscritas a este plan correspondentes ó presente exercicio.

Neste senso Juárez salientou que a estas alturas o Goberno de Zapatero nin aportou os 19 millóns que lle corresponde asumir nin confirmou que o vaia a facer. Ante este silencio gubernamental, o titular de Medio Rural puntualizou que a Xunta «cumpriu a súa parte» e, ademais de incluir no orzamento do presente exercicio os 9,5 millóns que lle correspondían, está a executar as obras previstas.