Partido Popular de Lugo

O PP asegura que as mentiras dos socialistas desmóntanse con só dar un vistazo ós orzamentos do Estado

Lugo, a 1 de outubro de 2010.- Os senadores e deputados nacionais do Partido Popular fixeron hoxe unha “pésima” valoración dos Orzamentos Xerais do Estado para o vindeiro ano presentados onte polo Goberno central: conlevará máis paro, máis impostos, máis desigualdade, menos comptetividade e menos protección social.

José Manuel Barreiro asegurou que Zapatero “volta a pecar de exceso de optimismo, repite o erro de exercicios anteriores e, polo tanto, presenta uns orzamentos irreais e consecuentemente de imposible cumplimento”.  Toma como punto de partida unha previsión de crecemento do PIB do 1,3 por cento, cando todos os organismos nacionais e internacionais calculan cifras moito máis modestas, entorno ó 0,6 por cento.

“Difícilmente poderemos facer unha casa sólida e segura se as bases sobre as que a asentamos son tan endebles”, sentenciou.

O Goberno de Zapatero consuma o seu fracaso ó resignarse a que a taxa de paro, xusto despois de impoñer unha reforma laboral que, en teoría, ía correxir esta situación, non baixe do 20 por cento. Recoñece igualmente que terá que reducir drásticamente o seu gasto productivo para afrontar o altísimo endebedamente. A partida adicada ó pago de intereses desta débeda ascende a 27.000 millóns, 4.000 millóns de euros máis que o pasado ano.

O incremento dos impostos (IRPF, IVE, luz …) pese a resultar moi lesivos para todos, especialmente para os que menos teñen, terán un reducido impacto recaudatorio en cómputos globais e eso pese a que España xa se sitúa á cabeza da Unión Europea en carga fiscal.    

Ademáis, segundo suliñou Barreiro, ese incremento dos impostos non servirá para garantir as políticas sociais, xa que se limita o cobro de axudas por dependencia, por desemprego e, non hai que esquecer tampouco que a meirande parte das pensións están conxeladas e que o incremento previsto para as mínimas estará por debaixo do IPC.

Os representantes populares fixeron fincapé en que Galicia percibirá o vindeiro ano 500 millóns de euros menos de inversión que o previsto para o presente exercicio, ó pasar de 2.004 millóns a 1.550 e que Lugo, dos 316 previstos para o 2010, pasará a case a metade o vindeiro ano,  162 millóns de euros, nos que resulta notable que a meirande parte dos ministerios non inclúan ningunha actuación salientable na provincia e que os orzamentos previstos por Fomento non cubran as mínimas necesidades que precisa a provincia, moi deficitaria en dotación de infraestructuras, nas que “sumamos restraso sobre retraso”. “A inversión por habitante cae para o vindeiro ano a 463 euros por habitante”, puntualizou Joaquín García.

É chamativo que o ministro José Blanco anunciara hai uns meses que na A-56 Lugo-Ourense só se ían rescindir dous tramos, concretamente San Martiño-Barrela N e San Martiño enlace Barrela Norte, e agora resulte que rescinde todos os tramos.

No que atinxe a A-8, autovía do Cantábrico, que en teoría era unha das indultadas polo Sr. Blanco, e que debería estar operativa en 2011, non se saberá cando estará rematada. Posto que a maior parte do orzamento, as partidas máis abultadas, para os tramos Modoñedo-Lindín e Lindín-Careira proxéctanse para o 2014. É significativo que o orzamento previsto inicialmente para ambos tramos para o 2011 se rebaixe en 64 millóns de euros nas contas presentadas onte. 

A-54, Lugo-Santiago, que debería finalizarse en 2012, retrasase agora ata o 2015.

No que atinxe a nova ponte sobre o Miño en Lugo, o vindeiro ano vaise investir menos da metade das previsións recollidas nos orzamentos de 2010. Con estas cifras e dado que para o 2012 fixase para ela unha optimista previsión de 17,8 millóns non parece estar claro que realmente se cumpla a data de finalización desta infraestructura.

Tamén resulta curioso que un dos proxectos virtuais estrela dos socialistas lucenses, como a estación intermodal, teña unha dotación de 200.000 euros o vindeiro ano e nada proxectado para os seguintes e que o desdobramento da ronda norte “esfumárase” das previsión gubernamentais. 

Para o corredor da costa adicanse 134.100 euros no 2011 que, a primeira vista, parece unha partida ridícula para unha obra de tanta envergadura. Na que, por certo, o tramo que corresponde á Xunta está en obras. 

“A consignación de 134.100 euros repítense en moitas obras que en anos anteriores eran moito máis amplas convertindose en testimoniais”, puntualizaron. “É a pedrea que nos toca a Lugo”, ironizou García Díez. 

Os populares tamén fixeron fincapé en que a A-72 Monforte de Lemos-Chantada, “que tería que estar operativa”, prácticamente desapace dos orzamentos posto que para o ano vindeiro fíxanse 134.000 euros e “nada” a partir de aí. Parecido caso é o da A-76 Ponferrada-Monforte con 115.000 euros para 2011.

Para o AVE non hai nada. Nos orzamentos segue a falarse de estudos, agás os cinco millóns que se inclúen para continuar o único tramo de obra inciado xa no 2006, a variante de Pobra de San Xulián, que tería que estar rematado en abril deste ano.

Os populares acusaron ó Ministerio de Fomento de “incumplir os acordos suscritos coa Xunta” para cofinanciar obras. Exemplos desta situación son a ampliación e mellora da ETAP de Monforte que, aínda que incluida nos orzamentos, as cuantías especificadas non se correspondente co pactado. Así, para 2011 corresponderíalle ó Estado aportar 1,2 millóns de euros pero só aparecen recollidos 483.000 euros. 

Máis “sangrantes” son os casos dos colectores xerais e a EDAR de Chantada e Cervo, uns proxectos redactados por Augas de Galicia e que, segundo o acordo asinado en xaneiro de 2010, ía executar o Estado, pero non hai partida específica para elo nos orzamentos dos vindeiro ano.

Os populares, á vista destas cifras, retaron ós socialistas a “dar a cara en Lugo” e explicar á cidadanía estes orzamentos e a detallar que fixeron e que teñen previsto facer.