Partido Popular de Lugo

O PPdG CONTRAPÓN OS RESULTADOS DA “PRÁCTICA E ACCIÓN” DO ACTUAL GOBERNO FRONTE Á “TEORÍA E ESTUDIO” DO BIPARTITO NA LOITA CONTRA O FURTIVISMO

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2010.- O voceiro de Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro saiu hoxe ao paso das declaracións da súa homóloga do PSdG-PSOE, Marisol Soneira, nas que reclamaba a realización dun informe sobre o furtivismo para a adopción de medidas na loita contra este fenómeno.

Para Balseiro, esta petición non é máis que a constatación da falla de argumentos e ideas que a formación socialista ten en materia de mar, xa que, segundo apuntou, Soneira podería obter este informe si visitase os portos e falase cos profesionais, quen saben da inacción que mantivo o bipartito nesta loita e dos resultados obtidos desde a chegada do PPdG ao Goberno da Xunta, quen logrou incrementar as incautacións de artes e aparellos ilegais nun 80%.

O voceiro popular do Mar destacou, neste senso, a contraposición entre as medidas adoptadas e as cifras acadadas pola “práctica e acción” do departamento de Mar fronte á “teoría e os estudios” do bipartito nesta materia, subliñando que “nos catro anos do goberno socialista os furtivos esquilmaban areais, pedras e mar ante a paralización imposta ás lanchas e efectivos do Gardacostas” polo que ironizou sinalando que, daquela, “a conselleira e a voceira actual do Mar debían estar estudiando o problema”.

RÍA DO BURGO.- Así, e a respecto da problemática xurdida por este fenómeno na ría do Burgo, Balseiro puxo de exemplo ao Concello da Coruña, quen rexeitou participar na chamada Mesa do Burgo aducindo falla de competencias para, un ano despois, decatarse de que si debían colaborar xa que o furtivismo no estiario coruñés posúe condicionantes máis amplos que o da propia actividade marisqueira ilegal. Segundo Balseiro “afortunadamente, namentres o Concello da Coruña estudiaba o problema durante un ano, a acción da Consellería do Mar, da Polcía Autonomica e das forzas e corpos de seguridade do Estado, lograba aumentar as incautacións de aparellos nun 1.000% e os comisos de marisco nun 600% nese mesmo periodo de tempo”.

O voceiro popular de Mar tamén se preguntou sobre qué tipo de estudio ou informe quererá realizar Marisol Soneira, e ironizou sobre si este sería “económico, social ou ambiental, ou máis ben etnográfico ou antropolóxico” aludindo a cualificación realizada pola voceira socialista na que atilaba de “costume e tradición” ao furtivismo. Por último, Balseiro instou á súa homóloga socialista a participar no estudio, xa que, segundo apuntou, parece que é un fenómeno que coñece ben e de cerca.