Lugo, a 23 de setembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó pleno do vindeiro martes unha moción na que propoñen que a Deputación inste ó Goberno do Estado a que non aplique a suba prevista da factura eléctrica en España do xeito que foi anunciado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e na que recomendan que esta cuestión se circunscriba á elaboración dun novo pacto enerxético.
Os populares argumentan a súa proposta no perxuizo económico que conlevará a amplicación desta medida en todos os ámbitos, con especial incidencia nos fogares, PEMEs e autónomos. Consideran contraproducente e lesivo para as xa moi castigadas economías doméstricas aplicar, a partir do vindeiro 1 de outubro, un incremento do recibo da luz dun 4,8 por cento. Salientan ademais que esta nova suba eléctrica prodúcese despois de terse encarecido en máis dun 26% o recibo do usuario medio nos últimos 30 meses, cunha última subida o pasado mes de xaneiro que representou un incremento do 2,6%.
Chaman a atención tamén os populares sobre o feito de que este incremento sumarase á suba do IVE, do 16 ó 18 por cento, que principiou a aplicarse o pasado mes de xullo e que provocou, como xa puido constatarse, unhas consecuencias nefastas no consumo.
Dende o PP salientan que xa veñen advertindo dende hai tempo o contraproducente que pode resultar para a xa delicada situación económica a aplicación de medidas de esta índole, e lembran, de feito, que xa advertían deste incremento do coste da luz durante a campaña recentemente iniciada baixo o lema “Non + IVE, Non + paro, Non + mentiras”.