Partido Popular de Lugo

Balseiro: “O PP aposta pola renovación e o futuro; o PSOE simplemente non ten recambio”

Lugo, a 22 de setembro de 2010.- “O Partido Popular ten moita e moi boa canteira para afrontar as vindeiras eleccións municipais; algo do que non pode presumir o PSOE que aposta en Lugo por un candidato cun proxecto completamente esgotado e moi debilitado, ó que o único que o move é o apego que lle ten o sillón da Alcaldía”. Así, respostou o secretario xeral dos populares lucenses ó dito onte polo responsable local dos socialistas José Ramón Goméz Besteiro. “O PP aposta pola renovación e polo futuro; o PSOE simplemente non ten recambio”, apuntillou.

José Manuel Balseiro indicou que “as saídas de tono dos socialistas na presentación do seu candidato á alcaldía de Lugo poñen de manifesto que están moi nerviosos e que dubidan da capacidade de José López Orozco para manterse no seu posto, conscientes de que durante o seu mandato adicouse a vivir de rendas”.

Neste senso, o secretario xeral dos populares lucenses indicou que “Orozco do único que pode vanagloriarse é de acadar a súa desexada confirmación como alcaldable, pero pouco máis ten no seu haber, xa que non aportou ningún proxecto propio para a cidade e adicouse a autoimpoñerse medallas polas que traballaron outros”. “É o único caso”, engade, “que un candidato, despois de doce anos como alcalde, presenta os mesmos proxectos que xa eran proxectos cando accedeu ó cargo. A súa capacidade de xestión é, por tanto, nula”. 

Para o responsable popular como os socialistas non “teñen nada novo que ofrecer, botan fume e aluden a futuribles, como é o caso da estación intermodal, ou da vella nova ponte, que poderá circularse por ela con cinco anos de retraso sobre as previsións e promesas iniciais”.

Balseiro tamén se amosou “comprensivo co escozor” que sentiu Gómez Besteiro á hora de confirmar o candidato do seu partido “porque no particular pulso que están a manter entre si, desta volta gañoulle Orozco”.