Partido Popular de Lugo

O PPDEG URXE AO GOBERNO CENTRAL A FACER EFECTIVA A SÚA PARTIDA ORZAMENTARIA COMPROMETIDA PARA O PLAN RURAL DE INFRAESTRUTURAS 2010, DO QUE A XUNTA XA ACOMETEU A SÚA PARTE

Santiago de Compostela, 18 de setembro   de 2010.- O PPdeG ven de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei para o seu debate polo trámite de urxencia no que insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno do Estado facer efectiva a súa partida orzamentaria comprometida no seu día, 19 millóns de euros, para acometer a totalidade do Plan Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural (PEIM) do que a Xunta xa acometeu a súa parte. Na iniciativa parlamentaria os populares indican que no ano 2008 a  Consellería de Medio Rural e o Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, chegaron a un compromiso para a a realización de investimentos en servizos básicos para a poboación rural cunha dotación orzamentaria de 55,5 millóns de euros distribuídos en 27 para o ano 2009 e 28,5 para o 2010, asumindo o Ministerio as dúas terceiras partes e a Xunta o tercio restante.

A voceira popular de Medio Rural, Isabel García Pacín, indicou que “por parte da Consellería estase en disposición de comprometer e executar o orzamento do PEIM 2010, polo que a Xunta decidiu acometer a súa parte e dispor de 9,5 millóns de euros para atender as necesidades existentes no marco da mellora en infraestructuras dadas as urxencias e as necesidades de mantemento e realización de obras que se demandan dende os concellos”. Para o PPdeG a urxencia da iniciativa ven motivada pola precaria situación económica e a limitación de recursos das entidades locais para atender as necesidades básicas dos seus veciños no eido rural canto antes.

A deputada popular recordou que ao respecto das cantidades establecidas  no convenio para o PEIM 2009, asinado en setembro deste ano,os 9 millóns da Xunta “xa están contratados e as obras correspondentes en execución e os restantes 18 millóns foron transferidos polo Ministerio en decembro do ano pasado, estando os orzamentos incorporados o 31 de marco e fiscalizados os documentos a mediados de abrir polo que neste momento estase procedendo á contratación de obras”.

“Onde está o problema, indica García Pacín, é na segunda parte do Plan, é dicir no PEIM 2010 (a executar no ano 2011) no que a Consellería de Medio Rural lle corresponden 9,5 millóns, para o que existe unha dotación económica necesaria para levar a cabo as previsións, e ao Ministerio 19 millóns, dos que non figura previsión algunha por parte deste”. Así indicou que “o MARM non presupostou, nin se aclara en canto a súa vontade para dotar orzamentariamente o Plan correspondente ao presente ano”. Engadiu, nese sentido, que a Consellería estableceu contactos coa FEGAMP “para solicitar a súa colaboración e se realizaran as xestións necesarias para conseguir que o Goberno central puxera a súa parte, para o que non se modificaron ningún dos criterios do Plan primitivo co ánimo de non dar ningunha escusa ao MARM para deixar de apoiar ao PEIM 2010 e a resposta foi que a Ministra se dirixiu ós Alcaldes co único ánimo de confundir e provocar ambigüidade para que non se entendera que o Ministerio non tiña intención de pór a súa parte do Plan” segundo García Pacín.

Para a deputada popular o Goberno central “parece que adoece da sensibilidade suficiente de cara ás necesidades dos concellos que precisan da continuidade destes programas e teñen necesidades urxentes de investimentos en obras indispensables para continuar coa actividade económica e precisan diminuír as súas carencias en materia de infraestructuras con compromisos serios e firmes neste exercicio e nos vindeiros”.