Partido Popular de Lugo

O PP inicia unha campaña explicativa para “desenmascarar” a política antisocial do Goberno Zapatero

Lugo, a 17 setembro 2010.- O Partido Popular de Lugo principiou hoxe en Lugo unha campaña informativa baixo o lema “Non + IVE, Non + paro, Non + mentiras”, que se extenderá ó resto da provincia, coa que pretenden poñer de manifesto os “efectos nocivos” que está a causar nas familias, as empresas e os autónomos  a “inaxeitada” política económica do Goberno que lidera José Luis Rodríguez Zapatero e poñer de manifesto o “ataque frontal” contra o estado de benestar e os dereitos sociais que supoñen a súas decisións.

“Nada está a salvo”, aseguran dende o PP. “Tras a escabechina que supón elevar a taxa de desemprego ata máis do 20 por cento, máis do dobre da media da Unión Europea e a máis alta de todos os países da unión, e burlarse e trivializar coa desgracia de estar desempregado”, engaden, “suben os impostos, conxelan as pensións, rebaixan o salario os funcionarios e agora poñen o punto de mira na idade de xubilación e nas pensións. Que vai a ser o próximo?”.

Representantes provincias, autonómicos e nacionais realizaron na praza de abastos lucense, encabezados polo presidente provincial José Manuel Barreiro, o reparto dun díptico no que os populares dan conta das falsedades dos socialistas, “para desenmascaralos e que todos os lucenses se decaten de que a realidade dista moito do discurso coloristas co que nos bombardean cada día”.

“A suba do IRPF e do IVE xa fixo estragos, hai menor capacidade de cosumo, as vendas resintense e as empresas, sobre todo as de menor tamaño e os autónomos, están a pagar as consecuencias. Unhas consecuencias que inevitablemente tamén repercutirán no mercado laboral. O FMI, de feito, acaba de advertir que se non se pon coto á taxa de desemprego será imposible pensar na reactivación da nosa economía”, explicaron.

Os populares insistiron en que os efectos do incremento do IVE, que calificaron de “inxunto e insolidario”, eran previsibles e que “foron moitos os que advertiron deles”. “Retrasará ademais”, segundo engadiron, “a recuperación económica, como así auguran diversos organismos, incluida a Comisión Europea, que achacou a rebaixa do PIB no terceiro trimestre deste ano á aplicación desta medida”. “É un feito incontestable que mentres o resto dos país do noso entorno están a medrar (Alemaña, Francia, Reino Unido…), nós continuamos no vagón de cola”, apuntillaron.  

Os representantes populares explicaron neste senso que, segundo as estimacións feitas pola OCU baseandose nos datos do gasto anual medio por fogar, a nova taxa do IVE “custaralle” a cada familia unha media de 290 euros ó ano; ós pensionistas uns 106 euros; ós asalariados 107 euros e ós parados, unha media de 73 euros máis ó ano. 

INCUMPRIMENTO SOCIALISTA.- Os populares tamén puxeron de manifesto que a ampliación da carga impositiva supón “un incumprimento máis dos socialistas“ e lembraron as “insistentes frases lapidarias” de José Luis Rodríguez Zapatero nas que aseguraba que non subiría os impostos. 

Apuntaron asimesmo, que “contrariamente ó que aseguran os socialistas, os españois soportamos un dos esforzos fiscais máis altos da zona euro. Ata tal punto que o propios técnicos de Facenda (Gestha), tomando como referencia os datos de 2008, estiman que os traballadores por conta allea adican o 47 por cento do seu salario ó abono de impostos”.

DEFENSA DOS CIDADÁNS.- Os populares comprometeronse a empregar todos os medios ó seu alcance para evitar que Zapatero e o seu goberno continúe “atentando” contra os traballadores e “dilapidando a herdanza recibida e poñendo en grave risco o futuro económico do noso país”.

Neste contexto enmarcaron as iniciativas levadas ó Senado e ó Congreso, “moitas das cales recibiron o respaldo maioritario dos grupos parlamentarios pero ás que o Goberno fixo oidos xordos”.

Indicaron que esta mesma semana “reenviaron ó Presidente Zapatero” as cerca de 200 iniciativas que presentaron nas cámaras, “a meirande parte delas en materia económica”, entre as que se atopan as relativas á derogación da  subida do IVE (aprobada); que non se aproben subidas de impostor; que se poñan en marcha rebaixas selectivas de impostor; que se limite o crecemento do gasto público; que se aplique un IVE reducido para o consumo enerxético (aprobada); que se estableza unha deducción do 10% dos rendementos do traballo que vaian destinados ó aforro; que se mellore a fiscalidade dos plans de pensións ou que se poña en marcha medidas fiscais positivas para a autofinanciación de empresas e autónomos.

Os populares tamén platexaron iniciativas no ámbito do mercado laboral “que o Goberno non quixo ter en conta”, como as  encamiñadas a reducir a temporalidade e favorecer a contratación indefinida; a realización dun Plano Integral de políticas activas de emprego con medidas concretas; a reformar o sistema de cómputo de persoas en situación de desemprego, para darlle más transparencia e rigor; a favorecer a  contratación xuvenil (aprobada); a impulsar o Pacto de Toledo e mesmo a retirar a conxelación das pensións contributivas (tamén aprobada na Cámara Alta).

Presentaronse ademais medidas concretas sobre a reforma do modelo enerxético, ou de apoio ás PEMEs (rebaixa do imposto de sociedades, facilidades de acceso ó crédito), entre outras. “Propostas non faltan, o malo é que Zapatero non quere buscar solucións”, concluiron. 

corte de voz na sección SONS