Lugo, a 13 de setembro de 2010.- O presidente provincial do Partido Popular e voceiro na Deputación, José Manuel Barreiro, manifestou hoxe nunha rolda de prensa que “é máis que evidente que a Fundación TIC está a preparalle a campaña electoral a José Ramón Gómez Besteiro e ó PSOE”.
O vocerio provincial popular argumentou esta afirmación en “dous feitos sobradamente constatados”. Por unha banda, segundo dixo, polo “exclusivo e exhaustivo seguemento” que cos recursos da Fundación, tanto humanos coma materiais, se están a facer do Presidente da Deputación: unha media de catro-cinco persoas da TIC, ou ó servico da TIC, acompañan a Besteiro a todo acto no que participa.
Por outra, os contidos dos programas realizados céntranse de forma case exclusiva en asuntos que revisten un claro sesgo partidista, como se pode comprobar na páxina web da propia Fundación.
O voceiro popular fixo fincapé en que “a Fundación TIC debe centrar todos os seus esforzos na formación académica dos alumnos que nela se están a formar, algo que nestes momentos atópase, lamentablemente, nun segundo plano”.
Barreiro lembrou neste senso que na anterior etapa do goberno provincial a TIC non facía seguemento do seu presidente e menos aínda cun desplegue de medios semellante ó actual, porque tíñase moi presente que a súa finalidade era, precisamente, a formación académica do alumnado. “Agora, a TIC, se é coñecida por algo, é triste e xustamente polo contrario. E compre ter presente que nin o presidente da Xunta leva un séquito comparable ó de Besteiro cando asiste a calquer acto”.
Barreiro tamén foi contundente no referido ó aspecto económico: “a cobertura que se presta a José Ramón Gómez Besteiro e o seu partido é un despilfarro de cartos de todos os cidadáns desta provincia. Focos de filtro por un lado, paneles de deseño por outro, etc., e coa única finalidade de proxectar a imaxe máis atractiva e efectista do presidente da institución”.
Por todo elo, instou a Gómez Besteiro a rectificar, suliñando que “aínda está a tempo de devolverlle á Fundación TIC o sentido que sempre tivo e para o que foi creada”.
CORTE DE VOZ NA SECCIÓN SONS