Cervantes, a 12 de setembro de 2010.- As actuacións que está a levar a cabo a Deputación nas estradas provincias non deixan de sorprender ós populares.
Os deputados Manuel González Capón e José María González Barcia, xunto co voceiro popular en Cervantes José López Fernández, constaron que os traballos que se están a acometer na estrada provincial 0702 Becerreá-Navia, por San Román a Degrada non amosan axustarse a inversión que se está a adicar a elo, 908.887,36 euros euros.
![]() |
Así, segundo puideron comprobar in situ non se melloran as condicións de seguridade e vaiselle aplicar un ensanchamento mínimo, de apenas cincuenta centímetros en algúns puntos; non se mellora o trazado das curvas, algunha de fetio aínda quedan peor porque o ensanche acométese na marxe contraria a onde debería facerse e, como consecuencia, a curva péchase máis, e non se elimina ningunha, o que dende logo, na opinión dos populares, non ten comparación posible, por exemplo, coa mellora e ensanche acometida polo anterior goberno provincial popular no tramo entre Liber e San Román desta mesma estrada.
Con esta actuación, que ten un prazo de execución de catro meses, tamén saen perxudicadas as entradas a algunhas fincas, que lonxe de mellorarse, empeóranse.
Dende o Grupo provincial do Partido Popular non consideran axeitado que se proxecte a reforma dunha estrada cun orzamento tan abultado cando a obra prevista non suporá unha mellora sustancial da súa situación anterior, máxime cando este vial é o que soporta máis tráfico do concello de Cervantes. Os populares consideran que debería proxectarse esta actuación con máis fundamento, buscando sacarlle o maior rendemento posible ó investimento que se está a facer, é decir, eliminar curvas, facer un ensanche coherente que garanta alomenos sete metros de firme de calzada e sobre todo mellorar a seguridade.