Lugo, a 11 de setembro de 2010.- A residencia Miño está arrasada pola absoluta deixadez da Deputación na protección e conservación do inmoble. Así de contundente se amosou o voceiro adxunto do Grupo provincial do Partido Popular José María González Barcia despois de visitar as instalacións.
Segundo indicou Barcia, o deterioro do edificio, xa moi notorio no verán do pasado ano a raíz dos destrozos causados polos vándalos e que supuxeron incluso que se rexistrasen varios incendios, resulta agora difícilmente reparable. A anulación do servicio de vixilancia existente provocou que o edificio quedara a merced de quen quixera entrar e o resultado, segundo explicou o deputado popular, “resulta tan penoso que perfectamente podería empregarse como exteriores para unha película bélica”.
Ademais do derrubamento do tellado en varios puntos, prácticamente non existen ventanas e o pouco mobiliario que había no interior, incluido sanitarios e a propia porta do ascensor, está completamente estragado. As tapas das alcantarillas desapareceron o que supón en si mesmo un grave risco para a seguridade das persoas que accedan á zona, ó igual que os cristais que alfombran a totalidade da traseira do edificio. O estado que presenta a antiga residencia é, en definitiva, lamentable ó entender de González Barcia.
O deputado popular responsabiliza “por desidia” ó presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro que, pese a ser alertado en numerosas ocasións sobre o que estaba a acontecer no edificio, non fixo nada por evitalo e, o máis importante, por manter e conservar un valor patrimonial da propia institución provincial como, salienta, “é a súa obriga”.
Dende o GPPP instan unha vez máis ó máximo responsable provincial a que actúe e tome medidas encamiñadas a solucionar esta situación que traslada, ademais, unha mala imaxe. “O parque Miño é unha zona pola que transitan moitas persoas no seu tempo de lecer e o aspecto que presenta o edificio resulta penoso, o igual que a súa fachada principal do edificio, na que se acumula unha gran cantidade de basura dando unha lamentable benvida ós automobilistas que circulan pola antiga N-VI”, engaden os populares.