Madrid, 10 de setembro de 2010.- Os deputados nacionais pola provincia de Lugo Joaquín García e Olga Iglesias salientaron hoxe as importantes ventaxas acadadas polo PP no Congreso para PEMEs e autónomos tras lograr o acordo unánime de todas as forzas para instar ó Goberno a que poña en marcha varias medidas con este obxectivo: a compensación das débedas tributarias dos contribuintes coas contraidas pola Administración central; o cambio no sistema de pago do IVE das facturas, permindo que se tribute polas que realmente se cobran e non polas que se emiten; así como a posta en marcha dunha línea ICO para que os Concellos poidan facer fronte ó pago das débedas pendentes, especialmente con autónomos e PEMEs.
Os deputados lucenses consideran que este acordo contribuirá a compensar a complicada situación na que se atopan autónomos e pequenas e medianas empresas por mor da crise económica, agravada pola propia incompetencia do Goberno central, que segue a amosar a súa incapacidade para articular por iniciativa propia accións que posibiliten un cambio de tendencia na conxuntura actual.
García Díez e Iglesias Fontal agardan que nesta ocasión o Goberno que preside Rodríguez Zapatero non faga oidos xordos ó mandato do Congreso e amplique coa maior cerelidade posible estas medidas para ben de todos.