Triacastela, 7 de setembro de 2010.- O Partido Popular alerta dos perigos que para a circulación viaria poden supoñer as deficiencias detectadas na mellora da pavimentación da estrada provincial 0706, de Guilfrei por Meizarán a Lamas, acometida recentemente pola Deputación.
![]() |
Os voceiros populares de Becerreá, As Nogais e Triacastela, Antonio González, Jesús Núñez e Olga Iglesias respectivamente, xunto co deputado autonómico José Antonio García e os provincias Manuel González Capón e José María González Barcia, percorreron hoxe os preto de dez quilómetros desta estrada que comunica as localidades de Guilfrei e Lamas constatando que a calzada efectiva viuse reducida tras as obras de repavimentación levadas a cabo.
Unha reducción que pon en perigo a seguridade viaria posto que en boa parte deste tramo é imposible que dous turismo se crucen sin que un deles se vexa obrigado a desprazarse á cuneta para o que terá que sortear un escalón de entre cinco e dez centímetros. Os populares chaman a atención sobre os perigos que está situación pode acarrear se os turismos implicados non reducen considerablemente a velocidade. Un risco que se ve incrementado se se trata de vehículos de maiores dimensións como camións ou tractores.
![]() |
Os representantes populares salientan que esta estrada discurre por tres municipios diferentes, Becerreá, As Nogais e Triacastela, e que é a principal vía de comunicación entre as localidades polas que discurre (Guilfrei e Narón, en Becerreá; Estacas en As Nogais, e Meizarán e Lamas en Triacastela). Ó igual que os veciños afectados, non entenden como é posible que nunha obra á que se adicaron 900.000 euros non se incluíra ningunha mellora do trazado e menos aínda que se reducira o ancho da calzada.
A maiores, en moitos puntos as cunetas están atrancadas por material de obra e pedras, o que provocará que auga acumulada acabe na calzada; as taxeas e mesmo os tubos instaladas para posibilitar a entrada a fincas e camiños están a maior nivel que a propia calzada, incrementado o risco de que se produza un accidente.
Asimesmo, segundo salientan, a Deputación fixo oidos xordos ás peticións dos propios veciños de Meizarán de que se colocaran vallas protectoras nunha curva á entrada do pobo en dirección Guilfrei, na que xa se levan contabilizado máis dunha decena de saidas de vía. Tampoco existen vallas en curvas peligrosas no tramo entre Guilfrei e Narón.
![]() |
A única ponte que existe nesta vía, á saida de Meizarán en dirección a Guilfrei, non foi obxecto de ningunha mellora pese a que a estructura que o sustenta está composta por dúas filas de tubos, moitos dos cales presentan un estado moi deficiente o que provoca que con frecuencia o terreo ceda e se formen baches ou mesmo que en época de crecidas a auga circule por riba da estrada.
Para os populares éste é un exemplo máis do mal facer do goberno provincial no que á mellora e conservación da rede viaria se refire. As obras acométense tarde, cando o estado dos viais resulta xa lamentable, e o peor, segundo recalcan, é que se fan mal, poñendo en risco incluso, como é este caso, a seguridade viaria.