Soutomaior, 4 de setembro de 2010.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo asegurou hoxe na apertura do curso político celebrada en Soutomaior que Galicia precisa dun Goberno de España que se comprometa co seu desenvolvemento e os servizos que ten que prestar e, malia que ese Goberno non será o actual, vai ser “o Goberno do Partido Popular e do Presidente Mariano Rajoy”.
INCENDIOS.- O presidente dos populares galegos iniciou a súa intervención cun homenaxe aos galegos que perderon a vida este verán “servindo aos seus veciños e á súa terra”. Deste xeito, Feijóo invitou aos presentes a rendir recoñecemento ao alferez, o garda civil e os dous brigadistas galegos que perderon a vida “cumprindo co seu deber”.
Durante o desenvolvemento do acto de apertura oficial do curso político, o presidente do PPdeG afirmou que “cunhas condicións climatolóxicas como as de 2006, se podemos falar dunha superficie queimada 20 veces inferior á dese ano unha parte arborada queimada representa veces menos que a de entón é grazas ao traballo de todos os que compoñen o grande equipo de extinción co que conta Galicia”.
Nesta liña, Feijóo sinalou que “alá onde prendan un lume que poña en risco non só a natureza, senón tamén pertenzas ou incluso persoas, os brigadistas e os equipos de extinción van apagalo e os criminais incendiarios terminarán por pagalo”.
O ANO DE GALICIA.- O número un dos populares galegos afirmou que “está a ser un ano de enormes dificultades para Galicia pero no que a sociedade galega ten demostrado estar á altura das circunstancias”. Neste senso, Feijóo, afirmou que “nos temos demostrado que somos e seremos capaces de encaralas e superalas como os retos que tivemos por diante”.
Así,o presidente afirmou que “tivemos ante nós a posibilidade de que Goberno, sindicatos e empresarios tentaramos ir cada un polo seu lado pero Galicia mostrou a outros gobernos que ante a tentación do decretazo antisocial é posible un diálogo social concreto, útil, beneficioso e produtivo”.
Feijóo referiuse tamén ao Xacobeo, no que “unha vez máis o pobo galego está respondendo e está acadando que sexa o mellor Xacobeo da nosa historia” a pesar de que “Zapatero non ten pisado o camiño pero tentou pisotear o Xacobeo negando a Galicia o seu apoio”.
“Tivemos ante nós o reto de organizar o único Xacobeo da década, con menor orzamento, con menor apoio do Goberno de España e con menor marxe de preparación pola desidia dos que nos precederon que por prexuízo ignorante non viron nel que é algo que une, identifica, promociona e estimula a toda Galicia e vertebra a toda a nación española”, afirmou.
En relación á fusión das caixas galegas, o presidente sinalou que “pecharemos 2010 cunha caixa 100% galega, solvente e cunha nova lei que lle dá seguridade xurídica e que se adapta aos novos tempos” a pesar de que “pretenderon pisotear a fusión e a posibilidade solvente que tiña Galicia”.
Por todo isto, Feijóo apuntou que “non foron quen de parar a Galicia porque este é un Goberno que tropeza pola súa propia torpeza, coa vontade dos cidadáns e vai tropezar tamén co Partido Popular”.
A ALTERNATIVA A ZAPATERO: O PARTIDO POPULAR.- Feijóo aproveitou para agradecer en nome de Galicia que o PP de España se comprometera a adiar o pago da débeda de 2.000 millóns de euros á que Galicia ten que facer fronte pola irresponsabilidade orzamentaria socialista. “Non só é o compromiso do principal partido da oposición”, asegurou, “é máis, é o compromiso do futuro Goberno”. O presidente do PPdeG engadiu que o Goberno non debería tentar de cadrar as súas contas a costa das facendas autonómicas.
O líder dos populares galegos lembrou que un presidente responsable non pode sacrificar os intereses xerais por intereses persoais e partidistas e, apuntou que os Orzamentos Xerais do Estado non poden servir para sostener un presidente desfalecido nin para mantener un Goberno.
Ademáis, dixo que é preciso que Zapatero sexa consciente de que España precisa máis dunhas boas contas públicas que da súa propia continuidade. Por iso, o líder do PPdeG subliñou que ante os intentos de desequilibrar o Estado, o PP seguirá defendendo a unidade e a igualdade dos españois; ante a aposta pola frivolidade económica, o PP supón un valor seguro de rigor; ante o despilfarro desmedido, o PP seguirá xestionando con austeridade; e ante aqueles nos que impera o pensamento único, o PP seguirá defendendo a liberdade.
NON Á IMPOSICIÓN NAS AULAS.- Feijóo lembrou que do mesmo xeito que comeza o curso político, comeza tamén o escolar e lamentou que haxa partidos que non comprendan que se trata de cousas distintas e pretendan encher os colexios de política, ideoloxías e partidismo.
Nesta liña, engadiu que os profesores son moito máis profesionais que o que pretende a oposición ou o que a oposición cre, e aproveitou para pedir formalmente aos nacionalistas e aos socialistas fagan oposición, pero que abandonen a imposición, posto que a oposición é o seu dereito e deber e a imposición vai contra o dereito.
O líder do PPdeG fixo fincapé en que o Goberno galego vai seguir tratando que as escolas sexan un lugar de coñecemento e que se hai dúas linguas, os rapaces poidan aprender ambas, posto que ningún partido pode obrigalos a renunciar a un dos seus dous idiomas por egoísmo ideolóxico.
A política educativa da Xunta fomentará, por tanto, valores como a liberdade, a convivencia, a cordialidade e o respecto á Lei fronte aos que pretenden encher as aulas do contrario.
AS PRIMARIAS DO PSOE EN MADRID.- Por outra banda, Feijóo fixo alusión ás posibles primarias do PSOE en Galicia: destacou que os candidatos socialistas as cidades non gustan á propia militancia do PSOE “e eu o comprendo”. Ademáis, dixo que non preocupan porque, os candidatos socialistas ás cidades galegas, primeiro, perderán as eleccións, e segundo, en realidade son os do BNG, que son os que mandan.
OBXETIVO: UNHA DOBLE VITORIA.- Segundo Feijóo, os populares centraránse en ir a por todo e gañar para acadar unha doble victoria: a electoral, á que non renuncian en ningún concello nin en ningunha das catro provincias; e a da recuperación económica e social, cun programa feito para gobernar con planificación, criterio, principios e moito sentido común.
E todo iso para que os cidadáns teñan un Goberno que se centre no que importa, para que os concellos volvan ser verdadeiramente espazos de auténticos servizos e benestar, para que a única loita dos alcaldes sexa por ter un concello cada día mellor e para que haxa un Goberno municipal que investe nos cidadáns e non en sufragar a duplicación de gastos que supoñen os bipartitos.