Partido Popular de Lugo

Barcia: “a Deputación bipartita é unha axencia de colocación da executiva socialista”

O portavoz adxunto do Grupo Provincial Popular na Deputación lucense, José María González Barcia, acusou a Gómez Besteiro de querer convertir a Deputación bipartita nunha axencia de colocación de destacados membros do PSOE, logo de afirmar que Carlos Ferreiro, secretario de cultura e educación da executiva socialista lucense vén de ser nomeado asesor do INLUDES, polo que cobrará cincuenta mil euros anuais.

González Barcia afirmou que este caso únese ó de Luis Edrosa, que mediante unha manobra que incumple os estatutos do INLUDES, vén de ser nomeado director do ente provincial, ou o de José Ramón Val, exdelegado provincial de pesca, que se adica a acompañar a Besteiro pola Mariña. Barcia tamén dixo que Teresa Facal, exxefe de gabinete de Touriño, é persoal eventual da Deputación pero curiosamente non aparece nunca pola Deputación. Ademais, un exalto cargo da CIG, Xesús Arrizado, tamén se vén de incorporar á área de Recursos Humanos.

Para o deputado provincial do PP, “esto demostra que, en tempos de crise, o paro non lles afecta ós dirixientes socialistas, que cobran altísimos soldos a cargo dos  cartos de todos os cidadáns. Mentres o número de personas que sofren os efectos do paro vén de aumentar no mes de agosto en sesenta e unha mil persoas, os dirixentes socialistas teñen cómodos sofás e magníficos soldos nas institucións públicas”.

Barcia dixo que “esta política de colocación de cargos socialistas  busca exercer un control partidista da Deputación Provincial, xunto coa modificación da relación de postos de traballo aprobada en Xullo, que permite que certos postos de traballo acaparen un poder cuasi absoluto”.

O voceiro adxunto dos populares manifestou que “as consecuencias de todo esto son que os servicios que funcionaban e eran relevantes agora pasan a ser ineficaces. Ademais, o INLUDES, unha institución que tiña prestixio, agora está sumido na inoperancia e no desánimo, porque os proxectos non saen, e se saen, saen a contagotas. Así, a Axencia Provincial da Enerxía ainda está prácticamente na nada. Se a eso lle unimos as contratacións de empresas externas para a realización conclusión é simple Besteiro está a desmantelar o INLUDES”.