Dende o PP de A Fonsagrada so buscamos que, dunha vez por todas, se constrúa a residencia. O noso afán é dar solución á demanda dunha poboación cada vez máis necesitada deste servicio, e non buscar rédito político con falsas promesas ás que estamos acostumados neste Concello ó longo dunha serie de lexislaturas.
O sr. Alcalde da Fonsagrada presentou un novo proxecto con tres meses de retraso, segundo a subvención e plazo outorgado polo novo Goberno da Xunta de Galicia. Para o citado proxecto, concedéuselle unha subvención de 80.000 euros, para adecuar o edificio da Fundación Rois á nova Residencia. Nos catro anos de goberno bipartito nin un euro. Non é de extrañar que a xente se resigne.
Pero, ó parecer o retraso é a norma común deste Concello. En canto Ó PLAN CONCERTADO, o retraso é de catro meses. O plazo remataba o 3 de abril e chegou ó servicio correspondente o 27 de agosto.