Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2010.- Os populares galegos celebrarán o inicio oficial do curso político o vindeiro sábado 4 de setembro nun acto que terá lugar no castelo de Soutomaior, no municipio pontevedrés que leva o mesmo nome. O presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, e o presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, clausurarán o evento.
O acto, ao que asistirán as xuntas directivas rexional e provinciais, dará comezo ás 11,30 da mañá e contará coa intervención do alcalde da localidade pontevedresa, Agustín Reguera, así coma do presidente do PP pontevedrés, Rafael Louzán.
Esta é a quinta vez que o presidente dos populares, Mariano Rajoy, clausura a inauguración oficial do curso político xunto a Alberto Núñez Feijóo, nun evento festivo no que se esperan máis de mil asistentes.