Partido Popular de Lugo

O PPdeG CONDENA O ASASINATO DA MULLER VÍTIMA DE VIOLENCIA DE XÉNERO EN LUGO

O Partido Popular de Galicia quere expresar a súa enérxica condena do asasinato da muller vítima de violencia de xénero ocorrido hoxe en Lugo e transmite o seu fondo pesar aos familiares e amigos da falecida.

O portavoz do Grupo Popular, Manuel Ruiz Rivas, reitera a necesidade de que toda a sociedade se implique na loita contra a lacra social que supón a violencia machista, e de que as administracións “traballen unidas e en perfecta coordinación para acadar a máxima defensa e protección das mulleres”.

“Rexeitar activamente esta forma de violencia intolerable debe ser un esforzo de todos”, afirma Ruiz Rivas, para quen “os gobernos e a clase política temos unha responsabilidade especial na tarefa de considerar a súa erradicación un obxectivo prioritario e de poñer todos os medios e os recursos para que os maltratadores non queden impunes”.