Partido Popular de Lugo

O PP acusa a Garrido de “cínico”.

O PP reiterou hoxe que solicitou por escrito acceso ós proxectos do campo de fútbol de Sarria e de urbanización do barrio de Vigo da mesma localidade, e acusou a Claudio Garrido de “cínico” por decir que o Grupo Provincial do PP tén acceso ós proxectos desde o martes día 24, curiosamente, e que casualidade, o día no que o PP fai pública a imposibilidade de acceder ós dous expedientes.

O voceiro adxunto do PP na Deputación afirmou que “Garrido minte, porque ás mesas de contratación non se levan os proxectos, senon a documentación que as empresas presentan para o procedemento de adxudicación.  Direille que a primeira solicitude do proxecto do campo de fútbol tén data do 28 de Abril, e reiteración da mesma do día 2 do presente mes.

O mesmo día 2 solicitamos o acceso ó proxecto do barrio de Vigo, xunto co expediente de licitación, adxudicación e certificacións de obra. Semella que o Sr. Garrido non se enterou; pois debería, porque son obras que se fan no seu concello. Tanto é así, que onte, mércores, día no que se reuníu a mesa de contratación para levar a cabo a proposta de adxudicación do campo de fútbol, púxose de manifesto por parte do noso representante que ainda non se tivera acceso ó mesmo”.

O Sr. Garrido, indicou Barcia, “esquece que as obras fanse con cartos de todos os cidadáns da provincia, co que é intolerable que non se nos facilitase en tempo e forma a documentación. Máis inadmisible ainda é que culpe do retraso ás vacacións, dando a entender que o persoal da deputación que non está de vacacións fose incompetente, polo que cabe unha doble disculpa por parte deste señor, que parece esquecer o que marca a lexislación en materia de facilitar información ós grupos políticos.

 Pola súa banda, José Antonio García López, portavoz municipal do PP de Sarria, calificou a Garrido de “irresponsable, porque a Deputación fai obras en Sarria e no concello non constan os proxectos; é decir, oficialmente o concello non se entera e o alcalde dá todo por ben feito. Así, cabe preguntarse como pode facer un veciño de Vigo que queira ver se a obra que se fixo se adapta ó proxecto, ou se o concello tén que proceder a facer alguna reparación dentro dun tempo; terá que pedirlle o proxecto no seu momento á Deputación”.

 

Polo que se refire ó acceso do Grupo Municipal de Sarria á documentación, García López indicou que “o alcalde ó millor tén moito que ocultar tanto nunha obra coma na outra,  porque por Sarria xa andaba o rumor hai unhas semanas de que obra do campo de fútbol xa tiña empresa, e, que casualidade, se dá a circunstancia de que o rumor se vai facer realidade, ou que o proxecto de Vigo puidera mui ben terse modificado”.

Os representantes do PP coinciden en afirmar que “o PSOE non  é ningún exemplo de transparencia nin de respecto á normativa vixente; máis ben ó contrario, canto máis se acercan as eleccións municipais, máis intolerantes se volven e máis sospeitosas son as súas actitudes”.