Desde as 12 horas de hoxe, martes 24 de agosto, e cumprindo os tempos establecidos no calendario congresual, os precandidatos á presidencia de Novas Xeracións na provincia de Lugo dispoñen na sede de Ramón Montenegro (Lugo cidade) das follas de recollida de apoios imprescindibles para formalizar a súa candidatura. Aqueles que aspiren a presidir a organización das mocidades do Partido Popular na nosa provincia deberán acadar como mínimo a sinatura de 40 afiliados desta organización de calquera dos concellos lucenses.
O Comité Organizador do Congreso (COC), que preside o lucense Carlos Díaz Bande, impulsa os preparativos deste conclave que terá lugar na cidade de Lugo o sábado 18 de setembro. Desde o COC explican que os precandidatos teñen ata o 30 de agosto para acadar as sinaturas de apoio, é un día despois, unha vez comprobadas, formalizaranse oficialmente as candidaturas. O obxectivo do Congreso das Novas Xeracións na provincia de Lugo é elixir unha nova dirección provincial das mocidades do PP.