Partido Popular de Lugo

O PP advirte: “vaise adxudicar a obra do campo de fútbol sen que coñezamos o proxecto”.

O PP de Sarria e o Grupo Popular na Deputación manifestaron hoxe que a obra do campo de fútbol de Sarria vaise adxudicar sen que os respectivos grupos teñan coñecemento do proxecto que se pretende executar.

Os dous grupos políticos entenden que “se vai executar unha obra sen que se coñeza o proxecto por parte do grupo da oposición por unha decisión unilateral, prepotente e absolutamente totalitaria de Besteiro e de Garrido, que se negan a que o PP coñeza o proxecto.

O portavoz popular en Sarria, José Antonio García López, xunto co voceiro adxunto do PP na Deputación, José María González Barcia, a través dunha nota de prensa conxunta, afirmaron que os dous grupos políticos tiñan solicitado por escrito ó proxecto do campo de fútbol, pero que en ningún dos dous casos se lles tén concedido, o  que consideran una burla ós grupos maioritarios tanto en Sarria coma na Deputación e que pón en evidencia a falta de talante democrático dos socialistas.

García López e González Barcia tamén lembraron que tiñan solicitado acceso ó proxecto de reurbanización do barrio de Vigo. A resposta das dúas administracións,Deputación Provincial e concello de Sarria, foi a mesma: negativa para que se poida estudiar o proxecto, e verificar se o que se fixo realmente coincide co proxecto aprobado.

Para os dous representantes do PP, os socialistas ocultan información, e xa veremos se non están ocultando algo máis. Se os dous proxectos se axustan á normativa, se o do barrio de Vigo é o que se está a executar, e se o do campo de fútbol é o mellor que se podía facer, non vemos ningún motivo porque se nos oculte información. Ainda que xa estamos acostumados a que o PSOE oculte, os cidadáns deben coñecer cal é o talante dos representantes socialistas no concello e na Deputación, para que comproben que pasan por riba de todo para conseguir que se cumplan os seus intereses, que a mayoría das veces nada teñen que ver cos intereses xerais dos vecinos