O GPPP asegurou que “a día de hoxe a Deputación bipartita ainda non fixo o correspondente desbroce da rede viaria provincial naqueles termos municipais nos que lle corresponde, e que son once en toda a provincia, porque os concellos correspondentes non asinaron o convenio proposto polo organismo provincial.”
Desde o GPPP pídenlle á Deputación que “axilice os traballos por elementais cuestións de seguridade, tanto no que se refire á propia seguridade vial de vehículos e transeúntes coma de cara a facer prevención contraincendios.
O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, afirmou que “só en tres deses once concellos comenzaron, pero non remataron, os traballos de desbroce da rede viaria provincial que lle corresponde á Deputación como titular da mesma. Nos restantes, nada de nada, a maleza prácticamente cruza as estradas provinciais, e mesmo algún concello tivo que facer os traballos con persoal propio, ante o máis ca evidente perigo que suponía a situación existente”.
Segundo Barcia, “esto demostra que a Deputación está a castigar deliberadamente ós concellos que non lle entraron polo aro de asinar o convenio de desbroce, ou que o bigoberno provincial é tan vago e carente de previsión que non se deu conta de que en once municipios era el precisamente o que tiña que facer tal desbroce”. O voceiro adxunto dos populares considera que “en calquera dos dous casos, ou coincidindo os dous xuntos, o que se demostra é una clara incapacidade para arranxar as cuestións do día a día, porque Besteiro está máis preocupado polas novas tecnoloxías e Bao está xa pensando en clave de concello”.
O deputado popular indicou tamén que “esta actuación é sectaria, porque discrimina ós concellos e pretende deixar en evidencia quenes asinan o convenio e quenes non; pero tamén é caciquil e clientelar, porque pretende que os concellos que non asinaron pasen polo aro, polas boas ou polas malas, atentando contra a autonomía municipal, principio básico no que se deben basear as relación entre a Deputación e os concellos”.
Barcia concluiu que o réxime da Deputación de Besteiro e Bao está máis próximo ó absolutismo ca unha práctica realmente democrática e de respecto institucional.