Partido Popular de Lugo

NOVAS XERACIÓNS NA PROVINCIA DE LUGO CELEBRARÁ O SEU CONGRESO O SÁBADO 18 DE SETEMBRO

Lugo, 20 de agosto de 2010.- A xunta xestora de Novas Xeracións na provincia de Lugo acordou convocar para o sábado 18 de setembro en horario de mañá o Congreso Provincial que debe elixir a nova dirección da agrupación xuvenil do Partido Popular.

O conclave terá lugar tras a celebración do congreso rexional que tivo lugar o pasado mes de xullo e no que resultou elixido un novo presidente autonómico, o pontevedrés Javier Dorado Soto.

A xestora provincial acordou nomear ademais aos membros do Comité Organizador que encabeza o lucense Carlos Díaz Bande. A partir deste momento se abre un prazo congresual cuxas principais citas son:

CALENDARIO DO CONGRESO PROVINCIAL DE NNXX DE LUGO

 

18 agosto. Aprobación pola Xunta Directiva Provincial da convocatoria do Congreso.

19 agosto. Envío da información ós afiliados.
24 agosto. Follas a diposición dos afiliados que queiran presentar a súa candidatura ó congreso.
30 agosto. Finaliza o prazo para a recollida de apoios. (40 firmas)
31 agosto. Formalización das candidaturas á presidencia de NNXX de Lugo.
6 setembro. Celebración das asambleas nas Xuntas locais onde non exista acordo, convocada a tal efecto por cada presidente local, para elixir os compromisarios.
7 setembro. 10.30 h. Hora límite para comunicar ó Comité Organizador do Congreso as actas cós resultados das asambleas locais e a relación de compromisarios electos.
9 setembro. Finaliza o prazo de presentación de avais ás 18.00 na sede provincial.(20% dos compromisarios,60 electos + natos)
18 setembro. Celebración do Congreso Provincial de NNXX.