Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo reta a Besteiro a publicar as enquisas internas do PsdeG para elixir candidato á alcaldía de Lugo

O PP de Lugo retou esta mañá ao presidente da Deputación Provincial José Ramón Gómez Besteiro a publicar as enquisas internas que está a realizar o PsdeG para elixir candidato á alcaldía no Concello de Lugo.

Aos populares cónstalles que se están a realizar sondaxes, «ao máis puro estilo Trinidad Jiménez e Tomás Gómez na guerra entre Orozco e Besteiro pola alcaldía de Lugo». «As contas non lles dán nin ao un nin ao outro, polo que non lles queda outra máis que intentar facer política de baixeza e do desprestixio».

Balseiro tamén se preguntou se Pepe Blanco buscará algunha fichaxe no seo do BNG para a alcaldía de Lugo, do mesmo xeito que fixo en Ribadeo. Neste senso, o popular lembrou as numerosas ocasións nas que o secretario de organización do PsdeG Pablo García tivo que frear o ímpetu de Orozco, «dado que tanto un coma outro non teñen caché no seu partido».

Javier Losada.-

Logo das declaracións de onte actual presidente da Deputación de Lugo, o secretario provincial do PP de Lugo entende que «Besteiro dá por sentado que a Javier Losada lle pasará como a el, que perderá o cargo que ostenta» (a alcaldía da Coruña).

Pouco amor ao traballo.-
O secretario provincial do PP de Lugo José Manuel Balseiro aproveitou tamén para criticar o «pouco amor polo traballo de Besteiro», xa que «chama a atención dado que o presidente da Deputación será lembrado por ser o gran fraude da política lucense». Balseiro subliñou que Besteiro se dedicou durante estes tres anos a rodearse de cámaras e autobombo e de organizar viaxes, polo que entende que «como axente de viaxes non tería prezo».

 

Por último o popular quixo incidir en que «a vagancia de Besteiro» é a súa marca persoal, posto que xa quedou demostrada durante os seus oito anos como concelleiro de Urbanismo no concello de Lugo nos que foi incapaz de sacar adiante o PXOM.