Partido Popular de Lugo

NOVAS XERACIÓNS NA PROVINCIA DE LUGO CELEBRARÁ O SEU CONGRESO O SÁBADO 18 DE SETEMBRO

·       O obxecto principal do congreso será elixir unha nova dirección provincial.

 

 

Ribadeo, 20 de agosto de 2010.- A xunta xestora de Novas Xeracións na provincia de Lugo acordou convocar para o sábado 18 de setembro en horario de mañá o Congreso Provincial que debe elixir a nova dirección da agrupación xuvenil do Partido Popular.

 

O conclave terá lugar tras a celebración do congreso rexional que tivo lugar o pasado mes de xullo e no que resultou elixido un novo presidente autonómico, o pontevedrés Javier Dorado Soto.

 

A xestora provincial acordou nomear ademais aos membros do Comité Organizador que encabeza o lucense Carlos Díaz Bande. A partir deste momento se abre un prazo congresual cuxas principais citas son:

 

 

CALENDARIO DO CONGRESO PROVINCIAL DE NNXX DE LUGO

 

18 Agosto. Aprobación pola Xunta Directiva Provincial da

convocatoria do Congreso.

 

19 Agosto. Envío da información ós afiliados.

 

24 Agosto. Follas a diposición dos afiliados que queiran presentar a súa candidatura ó congreso.

 

30 Agosto. Finaliza o prazo para a recollida de apoios.(40 firmas)

 

31 Agosto. Formalización das candidaturas á presidencia de

NNXX de Lugo.

 

6 Setembro. Celebración das asambleas nas Xuntas locais onde non exista acordo, convocada a tal efecto por cada presidente local, para elixir os compromisarios.

 

7 Setembro. 10.30 h. Hora límite para comunicar ó Comité Organizador do Congreso as actas cós resultados das asambleas locais e a relación de compromisarios electos.

 

9 Setembro. Finaliza o prazo de presentación de avais ás 18.00 na sede provincial.(20% dos compromisarios,60 electos + natos)

 

18 Setembro. Celebración do Congreso Provincial de NNXX.