Partido Popular de Lugo

O GPPP tacha de despilfarro o proxecto @ que desenvolverá a Deputación

Lugo, a 13 de agosto de 2010.- Un despilfarro. Así califica o Grupo provincial do Partido Popular o proxecto @ presentado onte en Viveiro pola Deputación.

Os populares consideran que esta iniciativa, enmarcada coma un acto divulgativo dentro do programa Innova-te, é un xeito máis de dilapidar cartos públicos co único obxectivo de buscar a autopromoción dos máximos responsables da administración provincial.

Dende o GPPP lamentan que o equipo que lidera José Ramón Gómez Besteiro concentre as súas enerxías en fomentar a proliferación de iniciativas máis consonantes co mundo da farándula que en resolver os graves problemas que ten a provincia.

Lembran os populares que a administración electrónica tiña que estar implantada a principios deste ano, do que se deriva que o retraso que  acumula a dotación deste servicio será considerable. Unha razón empírica de peso que pon en evidencia a conveniencia da campaña promocional que se vai a poñer en marcha e da que, ademais, non se deu a coñecer o custo que vai a supoñer para a administración provincial.